Jacques Villeneuve

From Wikipedia, the free encyclopedia

Jacques Villeneuve
Remove ads

Jacques Joseph Charles Villeneuve, nado en St-Jean-sur-Richelieu (Quebec) o 9 de abril de 1971, é un expiloto de automobilismo e músico afeccionado canadense, coñecido como Jacques Villeneuve. Villenueve, É fillo do piloto Gilles Villeneuve, e sobriño do tamén piloto Jacques Villeneuve, Villeneuve gañou o cmapionato da CART de 1995, as 500 Millas de Indianáplis de 1995 e o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997, converténdose no terceiro piloto logo de Mario Andretti e Emerson Fittipaldi en lograr tal proeza. Ata 2016, ningún outro canadense gañou as 500 Millas de Indianápolis ou o título de pilotos de Fórmula Un.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Logo de dous anos exitosos na Champ Car, Villeneuve moveuse á Fórmula 1 co punteiro equipo williams, xunto a Damon Hill. Na súa tempada de 1996, Villeneuve desafiou a Hill polo título, gañando catro carreiras e levando a pelexa á rolda final no Xapón, onde Villeneuve retirouse e Hill gañou a carreira e o título,. Con todo, Villeneuve gañou o título do ano seguinte 1997, desafiando esta vez a Michael Schumacher e unha vez máis disputandoo na rolda final en Xerez, onde Schumacher retirouse logo de chocar os dous.

1997 sería o último ano no que Villeneuve gañaría unha carreira de nivel e terminaría a tempada entre os tres primeiros. Para 1998, o equipo Williams de Villeneuve tivo que competir cos motores Mecachrome (motores menos competitivos), e Villeneuve fichou polo recentemente formado equipo British American Racing para a tempada de Fórmula Un de 1999. Quedou alí durante as seguintes catro tempadas, pero logo dos malos resultados foi substituído polo ex campión británico de Fórmula Tres Takuma Sato Villeneuve tamén pilotou para Renault ao final da tempada 2004 de Fórmula 1 e Sauber na tempada 2005 e once carreiras da tempada 2006 antes de sufrir unha lesión no Gran Premio de Alemaña de 2006. Villeneuve foi substituído por Robert Kubica e pronto BMW e Villeneuve separáronse.

Fóra da Fórmula Un, Villeneuve participou en varias novas carreiras: en carreiras de autos deportivos, competindo con Peugeot nas 24 Horas de Le Mans de 2007 e 2008. Saltando a NASCAR en agosto de 2007 e competindo como un piloto invitado na serie Top Race V6) arxentina e no International V8 Supercars Championship australiano. Como músico, lanzou un álbum titulado Private Paradise.

Tivo a marca de máis vitorias na primeira tempada en Fórmula 1, con catro, até 2007.

Remove ads

Rexistro de carreiras

Traxectoria profesional

Máis información Tempada, Series ...

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Resultados na Fórmula 1, Ano ...

24 Horas de Le Mans

Máis información Resultados nas 24 Horas de Le Mans, Ano ...

500 Millas de Indianápolis

Máis información Ano, Chasis ...
Predecesor:
Damon Hill
Campión da Fórmula 1
1997
Sucesor:
Mika Häkkinen
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads