Jake Gyllenhaal
actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Jacob Benjamin "Jake" Gyllenhaal, nado nos Ánxeles (California) o 19 de decembro de 1980, é un actor estadounidense. Foi nomeado ós Premios Óscar e ó British Academy of Film and Television Arts.
Remove ads
Traxectoria
Fillo do director sueco Stephen Gyllenhaal e a guionista Naomi Foner, comezou a actuar con 11 anos nun filme do seu pai.
Os papeis máis exitosos de Gyllenhaal comezaron no 1999 con October Sky película na que se conta a historia real duns amigos que viven nunha pequena vila dos Estados Unidos na década de 1950 e que tras observar o lanzamento dun foguete por parte dos rusos deciden construír os seus propios trebellos. En 2001 con Donnie Darko, no que aparece xunto á súa irmá Maggie Gyllenhaal e no cal facía o papel dun esquizofrénico. No 2002 protagonizou O neno burbulla, aínda que este filme non tivo grande éxito comparado cos dous anteriores. En 2004 protagoniza The Day After Tomorrow, no que facía dun estudante atrapado nunha catástrofe natural provocada polo quentamento global. O ano seguinte realizou o papel cume na súa carreira o cal o levou a gañar varios premios entre o que se atopa o premio da Academia BAFTA como mellor actor secundario no seu papel como vaqueiro homosexual no filme Brokeback Mountain, no cal traballou xunto con Heath Ledger. Este filme baséase na novela de Annie Proulx. Nese mesmo ano protagoniza a película Jarhead xunto co seu cuñado, Peter Sarsgaard, onde se mete no papel dun marine que viaxa a Iraq para loitar contra as tropas de Sadam Hussein.
Remove ads
Filmografía
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads