Kirsten Dunst

actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Kirsten Dunst
Remove ads

Kirsten Caroline Dunst nada en Point Pleasant (Nova Jersey) o 30 de abril de 1982, é unha actriz, cantante e modelo xermano-estadounidense.[1][2] Comezou no cine con Oedipus Wrecks, unha curtametraxe dirixida por Woody Allen para New York Stories (1989). Con 12 anos, Dunst acadou un gran recoñecemento pola súa interpretación de Claudia en Interview with the Vampire (1994), un papel polo que foi nomeada ó Globo de Ouro á mellor actriz secundaria. Apareceu tamén en Little Women ese mesmo ano, e en Jumanji o seguinte. Despois de papeis secundarios na serie de televisión ER (1996) e filme como Wag the Dog (1997), Small Soldiers (1998) e The Virgin Suicides (1999), Dunst comezou a aparecer en comedias románticas e dramas, protagonizando Drop Dead Gorgeous (1999), Bring It On (2000), Get Over It e Crazy/Beautiful (ámbolos dous de 2001).

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Dunst acadou a fama internacional pola interpretación de Mary Jane Watson na triloxía de Sam Raimi Spider-Man (2001–2007). Dende entón apareceu na comedia romántica Wimbledon (2004), o filme de ciencia ficción Eternal Sunshine of the Spotless Mind (2004) e na traxicomedia de Cameron Crowe Elizabethtown (2005). Gañou o premio á mellor actriz no Festival de Cannes e o Premio Saturn polo filme de Lars von Trier Melancholia (2011).

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Filme ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads