Jamala
cantante ucraína From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Susana Jamaladynova (en ucraíno: Сусана Джамаладинова; en tártaro de Crimea: Susana Camaladinova), mellor coñecida como Jamala, nada en Osh o 27 de agosto de 1983, é unha cantante kirguiz-ucraína.
Remove ads
Traxectoria
Ao igual que meirande parte da poboación tártaro-crimea, Jamala naceu en Kirguizistán, onde os seus familiares foron recolocados. Trala independencia da Ucraína regresou xunto coa súa familia a Crimea.
O interese de Jamala pola música vén da súa infancia. Aos 9 anos fixo o seu primeiro traballo musical como afeccionada e aos 12 comezou a cantar cancións folclóricas da súa rexión. Estudou piano na escola musical de Alushta. Tras graduarse, ingresou no Conservatorio Musical Tchaikovsky de Simferopol e de aí á Academia Nacional de Kíiv onde aprendeu a cantar ópera.
En 2011 o seu tema "Smile" foi escollido para representar Ucraína no Festival de Eurovisión 2011. Porén, un problema cos votos provocou certa controversia. Aínda que Jamala podía participar no festival, retirouse da competición.
O 21 de febreiro de 2016 foi escollida novamente para representar Ucraína[1] e o 14 de maio de 2016 gañou o Festival de Eurovisión 2016 en Estocolmo, Suecia, coa canción "1944".[2]
Remove ads
Discografía
Álbums
- For Every Heart (2011)
- Live At Arena Concert Plaza (DVD en vivo, 2012)
- All or Nothing (2013)
- Thank You (2014)
- Подих (2015)
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads