Festival de Eurovisión 2011

From Wikipedia, the free encyclopedia

Festival de Eurovisión 2011
Remove ads

O Festival da Canción de Eurovisión 2011 celebrouse os días 10, 12 e 14 de maio en Alemaña, trala vitoria en 2010 de Lena Meyer-Landrut co tema Satellite, o cal obtivo un total de 246 puntos.

Datos rápidos Festival de Eurovisión 2011 "Feel Your Heart Beat!", Datas ...
Thumb
Vista aérea da cidade de Düsseldorf, sede do festival.

Nesta edición, a canción Running scared, de Azerbaidján, interpretada polo dúo Ell & Nikki, foi a gañadora con 221 puntos,[2] seguida de Italia con 189 puntos e Suecia con 185 puntos.

Foi a primeira vez que Alemaña organizou o festival como un país unificado, e a terceira ocasión na que a ARD/NDR se ocupou da súa realización. En anteriores edicións, Frankfurt (1957) e Múnic (1983) acolleron edicións do Festival sendo ambas cidades da República Federal Alemá.[3][4] Tamén foi a primeira vez que o Festival se celebrou nun país do denominado Big Four (Alemaña, España, Francia e o Reino Unido, que son os máximos contribuíntes do festival a nivel económico) desde a creación do grupo no ano 2000.[5]

Despois de anos sen participar, Italia, membro do extinto Big Five, volveu ao festival tras 13 anos sen concorrer, quedando en segunda posición. Xunto a Italia, Austria, Hungría e San Marino volveron formar parte do Festival de Eurovisión.

España foi representada no festival pola cantante galega Lucía Pérez, que acabou en 23ª posición, con 50 puntos.

Remove ads

A cidade anfitrioa

Artigo principal: Düsseldorf.
Thumb
Situación de Düsseldorf en Alemaña

Hai trece anos que o Festival se celebra na capital do país anfitrión (salvo no Festival de 2004 que foi celebrado en Istambul, antiga capital de Turquía). Este ano volveuse romper o esquema sendo elixida a cidade de Düsseldorf como sede do Festival, fronte as sete cidades candidatas: Berlín, Colonia, Frankfurt, Gelsenkirchen,[6] Hannover, Hamburgo e Múnic.[7].

Remove ads

Organización

Deseño gráfico e visual

O 13 de xaneiro de 2011, a televisión alemá NDR revelou o tema artístico e o eslogan para o festival de Düsseldorf, "Feel your heart beat!" (en galego: Sinte o latexo do teu corazón!), concepto desenvolto pola empresa inglesa Turquoise.

O símbolo principal é un corazón palpitando realizado con raios de luz multicolor, que quere expresar as grandes emocións que a música pode evocar, as cales son aplicables ao Festival de Eurovisión: entusiasmo, corazóns palpitantes, emoción, amor e paixón. Non hai límites nestas emocións, nin barreiras idiomáticas. O logo tamén fai referencia a que cada canción ten o seu particular ritmo individual.

A idea do símbolo xurdiu da propia gañadora do Festival de Oslo, Lena Meyer-Landrut, que durante a súa conversa co presentador Erik Solbakken formou un corazón cos seus dedos para agradecer ós telespectadores que votaran por ela.

Presentadores

Thumb
Presentadores desta edición: Anke Engelke, Judith Rakers e Stefan Raab.

A ARD/NDR revelou os nomes dos presentadores desta edición o 16 de decembro de 2010: Anke Engelke, Judith Rakers e Stefan Raab. É a terceira vez na historia do Festival de Eurovisión que tres presentadores conducen o Festival. Isto xa ocorreu no Festival de Eurovisión de 1999 e no Festival de Eurovisión 2010.[8] Stefan Raab representou a Alemaña no ano 2000 e apareceu noutras edicións do Festival.

Países participantes

Sorteo das semifinais

O 17 de xaneiro de 2011 celebrouse o sorteo para decidir os países participantes en cada unha das semifinais do festival. Baseándose no mesmo sistema empregado no Festival de Eurovisión 2010, mais co cambio de 5 bombos a 6. Todos os países foron separados en seis bombos individuais en función do seu historial de voto nos festivais anteriores e da súa localización xeográfica. O sorteo levouse a cabo para garantir que os países dispostos a dar as súas puntuacións altas un ao outro non participen na mesma semifinal. Un sétimo bombo, no cal só participaron os membros do Big Five: Alemaña, España, Italia, Francia e o Reino Unido, sorteouse co fin de designar que país votará e retransmitirá polo menos unha semifinal.

Tras o sorteo celebrado o 17 de xaneiro en Düsseldorf, ambas semifinais quedaron establecidas do seguinte xeito:[9]

Thumb
     Países participantes na Primeira semifinal.      Países votantes na Primeira semifinal.      Países participantes na Segunda semifinal.      Países votantes na Segunda semifinal.
Máis información 1.ª Semifinal 10 de maio de 2011, 2.ª Semifinal 12 de maio de 2011 ...

Tras unha reunión sobre a participación israelí decidiuse que participase na 2ª semifinal porque a 1ª semifinal e o primeiro ensaio coincidían con festividades cívico-relixiosas (o Yom Ha'atzmaut e o Yom Hazikarón respectivamente).

Incluíuse a Eslovaquia no sorteo, no bombo 6, e foi elixida para participar na segunda semifinal, a pesar de que a propia cadena anunciara que non tomaría parte no festival. Posteriormente confirmouse a súa participación para evitar a sanción imposta por abandonar o Festival tras a data límite.

Final

Thumb
     Países participantes      Países que non se clasificaron para a final      Países que participaron outros anos pero non en 2011

A final celebrase o día 14 de maio de 2011.

Máis información Nº, País ...

Artistas que repiten

Máis información Artista, País ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads