Jared Sullinger
baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Jared Sullinger, nado o 4 de marzo de 1992 en Columbus, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Shenzhen Leopards da Chinese Basketball Association (CBA).
Remove ads
Instituto
No seu derradeiro ano de instituto, Sullinger liderou ó Northland High School a unha marca de 21-0 e ó número 1 do ránking nacional. Acadou 24.5 puntos e 11.7 rebotes nesa tempada.[1] Foi seleccionado ademais para xogar o All-American Game de 2010 en Columbus, Ohio,[2] onde foi elixido co-MVP xunto a Harrison Barnes.[3] Foi tamén seleccionado para xogar o Nike Hoop Submit no Rose Garden en Portland, Oregón,[4] e o Jordan Brand Classic no Madison Square Garden en Nova York.[5]
O 10 de marzo de 2010, Sullinger gañou o premio James A. Naismith, que se entrega ó mellor xogador de baloncesto do ano no instituto.[1]
Remove ads
Traxectoria universitaria
Freshman
Sullinger conseguiu 19 puntos e 14 rebotes no seu debut con Ohio State.[6] Na tempada 2010-11, Sullinger acadou 17.2 puntos, 10.2 rebotes e 1.2 asistencias en 31.7 minutos de xogo para os Buckeyes. Ohio State rematou a tempada cun 32-2, conseguiron a primeira praza para o torneo de 2011 da NCAA. Os Buckeyes conseguiron chegar ó 'Sweet Sixteen', onde perderon contra os Kentucky Wildcats por 62-60. Sullinger foi elixido no primeiro equipo All-America por Fox Sports.[7]
Sophomore
No que sería o seu derradeiro ano en Ohio State, Sullinger liderou ós Buckeyes a unha marca de 31-8, con 17.5 puntos e 9.3 rebotes por partido na 2011-12. Os Buckeyes chegaron á 'Final Four' do Torneo da NCAA de 2012, onde perderon contra os Kansas Jayhawks. Nese partido, Sullinger anotou 13 puntos e capturou 11 rebotes, con 5 tiros anotados de 19 intentos. Cinco días despois da derrota, o ala-pivote declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[8]
Remove ads
Traxectoria profesional
O 28 de xuño de 2012, Sullinger foi elixido na 21ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Boston Celtics. O 3 de xullo, asinou o seu contrato cos Celtics.[9] O 9 de xullo de 2012, fixo o seu debut cos Celtics na Summer League de Orlando, onde anotou 20 puntos, con 6 de 12 tiros anotados e 7 de 7 tiros libres, e capturou 6 rebotes en 24 minutos de xogo.
O 14 de xullo de 2016, Sullinger asinou cos Toronto Raptors.[10]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads