Chinese Basketball Association
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Chinese Basketball Association (do inglés: Asociación de Baloncesto Chinesa; en chinés: 中国男子篮球职业联赛, pinyin: Zhōngguó Nánzǐ Lánqiú Zhíyè Liánsài) é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino na República Popular da China. Fundada no ano 1995, está considerada a máis importante competición deste deporte en Asia. A liga é coñecida de forma habitual tanto por fans como en xeral co acrónimo CBA. A CBA non debe confundirse coa National Basketball League (NBL), outra competición profesional chinesa de inferior categoría. Existe tamén a Women's Chinese Basketball Association (WCBA) feminina.
Algúns xogadores chineses desta competición teñen chegado a xogar na National Basketball Association (NBA), entre eles Wang Zhizhi, Mengke Bateer, Yao Ming, Yi Jianlian, Sun Yue ou Zhou Qi. Por outra banda, estrelas da NBA teñen participado nesta competición, entre eles os All-Stars Stephon Marbury, Tracy McGrady, Gilbert Arenas, Steve Francis e Metta World Peace (Ron Artest).
Remove ads
Contexto
A CBA comezou a disputarse na temporada 1995–96. Non debe confundirse a competición coa Asociación Chinesa de Baloncesto, organización fundada en xuño de 1956 e que representa ao país na Federación Internacional de Baloncesto (FIBA).[1] Actualmente, o baloncesto chinés está regulado polo Centro de Xestión do Baloncesto Chinés. Outras competición dee baloncesto chinesas importantes son a National Basketball League (NBL), a Chinese University Basketball Association (Liga universitaria, CUBA) e a Chinese High School Basketball League (Liga de Institutos, CHBL). Pouco despois de fundarse a CBA, naceu a Chinese New Basketball Alliance (CNBA, 中国人的新的篮球赛事), outra competición profesional de baloncesto. Porén, só durou funcionou durante a temporada 1996–97. Tivo ademais problemas co seu nome debido ao parecido coa marca NBA da National Basketball Association.[2]
O primeiro xogador non chinés en participar na CBA foi o uzbeko Mihail Savinkov, o cal xogou para os Zhejiang Squirrels na temporada inaugural 1995–96. Durante a temporada 1996–97 chegou o primeiro xogador estadounidense, James Hodges, o cal asinou cos Liaoning Hunters, abrindo o camiño para a chegada de novos xogadores dese país ao longo dos seguintes anos. Outros importantes pioneiros estranxeiros na competición foron John Spencer, que xogou para os Jiangsu Dragons máis tarde durante a temporada 1996–97 e David Vanterpool, que asinou un contrato cos Jilin Northeast Tigers. A nivel de adestradores, o primeiro técnico internacional foi o estadounidense Robert Hoggard, o cal liderou aos Sichuan Pandas durante os últimos oito encontros da temporada 1997–98. Desde aquela teñen participado na competición destacados xogadores a nivel internacional como Stephon Marbury, Tracy McGrady, Steve Francis, Metta World Peace (Ron Artest), Michael Beasley, Jimmer Fredette, Lester Hudson, Kenyon Martin, Shavlik Randolph, J. R. Smith ou Jerome Jordan.
Remove ads
Equipos
Remove ads
Campións
- 1995–96
Bayi Rockets
- 1996–97
Bayi Rockets
- 1997–98
Bayi Rockets
- 1998–99
Bayi Rockets
- 1999–00
Bayi Rockets
- 2000–01
Bayi Rockets
- 2001–02
Shanghai Sharks
- 2002–03
Bayi Rockets
- 2003–04
Guangdong Southern Tigers
- 2004–05
Guangdong Southern Tigers
- 2005–06
Guangdong Southern Tigers
- 2006–07
Bayi Rockets
- 2007–08
Guangdong Southern Tigers
- 2008–09
Guangdong Southern Tigers
- 2009–10
Guangdong Southern Tigers
- 2010–11
Guangdong Southern Tigers
- 2011–12
Beijing Ducks
- 2012–13
Guangdong Southern Tigers
- 2013–14
Beijing Ducks
- 2014–15
Beijing Ducks
- 2015–16
Sichuan Blue Whales
- 2016–17
Xinjiang Flying Tigers
- 2017–18
Liaoning Flying Leopards
Finais
Finais por equipo
Remove ads
Récords
Globais
Categoría | Total | Xogador |
Puntos | 11.287 | ![]() |
Rebotes | 4.548 | ![]() |
Asistencias | 1.807 | ![]() |
Roubos | 1.313 | ![]() |
Tapóns | 736 | ![]() |
Triplas | 1.621 | ![]() |
Mates | 498 | ![]() |
Nun partido
Categoría | Total | Xogador | Data |
Puntos | 82 | ![]() | 30 de xaneiro de 2015 |
Rebotes | 38 | ![]() | 20 de marzo de 2002 |
Asistencias | 28 | ![]() | 2 de febreiro de 2000 |
Roubos | 13 | ![]() | Temporada 1995–96 |
![]() | Temporada 1996–97 | ||
![]() | 1 de decembro de 2004 | ||
Tapóns | 13 | ![]() | Temporada 2000–01 |
![]() | 10 de febreiro de 2010 | ||
![]() | 26 de febreiro de 2010 | ||
Triplas | 15 | ![]() | 11 de marzo de 2009 |
Dunks | 10 | ![]() | Temporada 1998–99 |
Minutos | 67 | ![]() | 9 de febreiro de 2014 |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads