Jason Derulo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Jason Derulo
Remove ads

Jason Joël Desrouleaux, nado en Miami (Florida) o 21 de setembro de 1989, é un cantante, compositor e bailarín estadounidense de orixe haitiana, máis coñecido como Jason Derulo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads
Remove ads

Traxectoria

Comezou a súa carreira escribindo cancións para diversos cantantes estadounidenses. No ano 2009 lanza o seu primeiro sinxelo "Whatcha Say" co selo Warner Bros. Records. O sinxelo alcanzou fama mundial, liderando as listas de éxitos en Estados Unidos, España, Reino Unido, Ucraína ou Canadá e vendendo máis de 2 millóns en iTunes, Amazon e outras plataformas.

O segundo sinxelo de Jason foi, "In My Head", lanzado en decembro de 2009, foi un éxito de vendas tamén, logrando encabezar a lista Billboard dos Estados Unidos. O seu primeiro álbum, Jason Derülo, lanzouse o 2 de marzo de 2010 a nivel mundial. O seu segundo álbum, Future History, lanzouse o 16 de setembro de 2011, o primeiro sinxelo deste álbum, "Don't Wanna Go Home chegou ó primeiro posto nas listas do Reino Unido. O 24 de setembro de 2013 sacou o seu terceiro álbum, Tattoos.

Remove ads

Primeiros anos

Jason naceu no Rulo, Miami o 21 de setembro de 1989 de padres haitianos. Fixo concertos dende os 5 anos, e aos 8, escribiu a súa primeira canción, "Crush On You".

Estudou ópera, teatro e ballet na súa xuventude. Estudou na Dillard Center for the Arts en Fort Lauderdale, Florida e graduouse na American Musical and Dramatic Academy, en Nova York

Carreira

2006 - 2010: Comezos e Jason Derülo

O 4 de agosto de 2009, Jason lanza o seu primeiro sinxelo, "Whatcha Say, que chega ao alto das listas internacionais rapidamente.

O seu álbum debut, Jason Derülo, lánzase o 2 de marzo de 2010. Ese mesmo ano, faría de abreconcertos para a xira polos Estados Unidos de Lady Gaga.

2011 - 2012: Future History e outros eventos

En 2011, Jason grava xunto a Demi Lovato o sinxelo, "Together" para o seu álbum Unbroken. O seu segundo álbum, Future History lánzase o 27 de setembro de 2011.

2013 - actualidade: Tattoos e Dirty Talk

O 16 de abril de 2013, Derulo edita o seu sinxelo, "The Other Side" que chega ás radios o 23 de abril de 2013. Derulo anunciaba mediante Twitter que o seu terceiro álbum se chamaría "Tattoos". O álbum era editado o 24 de setembro de 2013. O segundo sinxelo do álbum, "Talk Dirty", era lanzado internacionalmente o 27 de xullo de 2013 (dixitalmente). "Talk Dirty" chegou ao terceiro posto nas listas internacionais.

O 15 de abril de 2014 lanzarase o seu cuarto álbum, Talk Dirty.

Xiras

Xiras de abreconcertos

  • 2009 - 2010: The Monster Ball Tour, Lady Gaga
  • 2010: The E.N.D World Tour, Black Eyed Peas, só nas datas no Canadá.

Xiras propias

  • 2010 - 2011: Jason Derulo World Tour
  • 2014: Tattoos World Tour

Discografía

Álbums

Máis información Nome, Data de lanzamento ...

Sinxelos

  • 2009: "Whatcha Say"
  • 2009: "In My Head"
  • 2010: "Ridin' Solo"
  • 2010: "What If"
  • 2010: "The Sky's the Limit"
  • 2011: "Don't Wanna Go Home"
  • 2011: "It Girl"
  • 2011: "Breathing"
  • 2011: "Fight for You"
  • 2012: "Undefeated"
  • 2013: "The Other Side"
  • 2013: "Talk Dirty"
  • 2013: "Marry Me"
  • 2013: "Trumpets"
  • 2014: "Stupid Love"
  • 2014: "Wiggle"

Colaboracións

  • "Coming Home" - Pixie Lott - "Turn It Up Louder"
  • "Together" - Demi Lovato - "Unbroken"
  • "Test Drive" - Jin Akanishi - "Japonicana"
Remove ads

Filmografía

Televisión

Máis información Ano, Título ...

Premios e candidaturas

Máis información Ano, Organización ...
Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads