Javier Arias Fouz
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Javier Arias Fouz, nado en Lugo en 1977,[1] é un político do Partido Popular de Galicia. Deputado no Parlamento de Galicia desde 2024.
Remove ads
Traxectoria
É fillo de Ramón Arias Roca, quen fora concelleiro de urbanismo co alcalde Joaquín García Díez. Licenciouse en Dereito na Universidade San Pablo CEU e ten un mestrado en Urbanismo e Ordenación do Territorio e en Dereito Ambiental e un Diploma de Estudos Avanzados en Doutoramento en Dereito Administrativo.[2]
Carreira política
De 2010 a 2015, exerceu como avogado e foi letrado-asesor xurídico e medioambiental de SUPLUSA (Sociedade Urbanística Provincial de Lugo), onde traballaba seu pai.[2][3] En 2015, converteuse en funcionario da Deputación de Lugo.
En 2017, foi nomeado xefe territorial da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, onde permaneceu até 2020, cando foi nomeado por Alberto Núñez Feijóo, Delegado territorial da Xunta na provincia de Lugo.[2][3] O 15 de xaneiro de 2024,[4] renunciou ao cargo para se presentar como número dous nas listas do PP de Lugo ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads