O final da escapada
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O final da escapada (en francés: À bout de souffle) é un filme francés de 1960 dirixido por Jean-Luc Godard e protagonizado por Jean-Paul Belmondo, Jean Seberg, Daniel Boulanger e Jean-Pierre Melville e con fotografía en branco e negro de Raoul Coutard.
Foi a primeira longametraxe de Godard e o descubrimento de Belmondo como actor. O final da escapada foi unha das primeiras e máis influentes obras da nouvelle vague.[1] Xunto con Les Quatre Cents Coups, de François Truffaut e Hiroshima, mon amour, de Alain Resnais, estreadas o ano anterior, impulsou a valoración internacional do novo estilo. No seu momento atraeu moita atención polo seu estilo visual audaz, que incluía saltos na montaxe non convencionais.
Remove ads
Argumento
Michel (Jean-Paul Belmondo) é un delincuente que, tras roubar un coche en Marsella, emprende viaxe cara a París para cobrar un diñeiro que se lle debe e volver ver a súa amiga estadounidense, Patricia (Jean Seberg). No camiño, perseguido pola policía de tráfico, mata un axente. Chega a París, mais non ten cartos, polo que recorre a varios amigos.
Pasa o tempo con Patricia, intentando convencela de que volva deitarse con el e que o acompañe a Roma. Os dous van dun lugar ao outro, mentres Michel trata de recuperar o seu diñeiro e ocultarse da policía.
Remove ads
Elenco
- Jean-Paul Belmondo como Michel Poiccard
- Jean Seberg como Patricia Franchini
- Daniel Boulanger como o inspector de policía Vital
- Henri-Jacques Huet como Antonio Berruti
- Roger Hanin como Carl Zumbach
- Van Doude como Van Doude
- Liliane David como Lilane
- Michel Fabre como o outro Inspector
- Jean-Pierre Melville como Parvulesco
- Claude Mansard como o vendedor de coches usados
- Jean-Luc Godard como un delator
- Richard Balducci como Tolmachoff
- Philippe de Broca como extra
- Jean Domarchi como extra
- Jean Douchet como extra
- Jean Herman como extra
- Andre S. Labarthe como extra[3]
- Jacques Rivette como o corpo do home golpeado no coche
Remove ads
Produción
O final da escapada non tivo guión. A historia está baseada vagamente nun artigo que François Truffaut leu en The News in Brief. A personaxe de Michel Poiccard está inspirado no real Michel Portail e na súa moza estadounidense, a xornalista Beverly Lynette. En novembro de 1952 Portail roubou un coche para visitar a súa nai enferma en Le Havre e acabou matando un policía chamado Grimberg.[4] Truffaut traballou no tratamento da historia con Claude Chabrol, pero acabaron desbotando a idea cando non puideron acordar a estrutura da historia. Godard lera ese tratamento, gustáralle e quería realizar o filme. Escribiu unha vaga guía de filmación que abandonou axiña para confiar na improvisación.[5]
Premios
- Oso de Prata no Festival Internacional de Cinema de Berlín (1960)
- Premio Jean Vigo (1960)
- Premio da Crítica Alemá á mellor fotografía (1960)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads