Joan Oliver
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Joan Oliver Sallarès, nado en Sabadell en 1899 e finado en Barcelona en 1986, foi un escritor e xornalista catalán. Cultivou a poesía (baixo o pseudónimo de Pere Quart), teatro, narración e tradución.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Remove ads
Traxectoria

Considerado un dos cinco poetas cataláns máis importantes do século XX, a súa poesía foi valorada como a máis orixinal de todas. O seu primeiro libro de poemas, Les decapitacions (1934), xa adianta como será despois a súa poesía: áxil, anecdótica e atraída polo realismo, reflexo da traumática experiencia da guerra civil española e o exilio, cunha desolada e escéptica visión do mundo. Procedente dunha familia da burguesía industrial, cofundador do Grup de Sabadell con Francesc Trabal e Armand Obiols, mantén como escritor un estilo marcado pola ironía contra as convencións. Como tradutor recibe na década dos cincuenta o Premio do Presidente da República Francesa pola versión del misantrop de Molière. En 1970 é distinguido co Premio de Honra das Letras Catalás. Nos anos oitenta recibe os premios Ciutat de Barcelona, Josep Maria de Sagarra de tradución e o da Generalitat de Cataluña de poesía. Non obstante, fiel ao seu inconformismo e á súa actitude crítica, rexeita a Creu de Sant Jordi da Generalitat.
Foi membro e Socio de Honra da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joan Oliver |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads