Johan Servando
xograr galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Johan Servando foi un xograr galego da lírica galego-portuguesa, activo no terceiro cuartel do século XIII. É o autor do que máis cantigas de romaría consérvanse.[1]

Traxectoria
Nas súas composicións canta á ermida de San Servando, polo que se pensa que podería ser de Muíños (onde hai unha capela con esa advocación no lugar de Pazos, na parroquia de Barxés)[2]. Nas súas composicións satíricas dá a entender que frecuentou a corte de Castela.[3]
Obra
É autor de 22 textos: 17 cantigas de amigo[4] (case todas elas cantigas de romaría, adicadas á ermida de San Servando), 2 cantigas de amor, 3 cantigas de escarnio,[5] dúas delas contra a avaricia dun infanzón e outra contra a inexperiencia dun cabaleiro novato.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads