José Antonio Bartolomé
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
José Antonio Bartolomé Argüelles, nado en Mondariz en 1934 e finado en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 2010, foi un arquitecto galego.
Traxectoria

Abriu un estudio na década dos sesenta co tamén arquitecto Rafael Baltar, estudio ao que posteriormente se sumou Carlos Almuíña. Con esta firma desenvolveu todo tipo de traballos, se ben estiveron especializados en rehabilitacións de monumentos históricos e teatros.
Obras principais
- Traballos de conservación na catedral de Santiago de Compostela (1981-2005). Medalla Europa Nostra.
- Edificio dos Xulgados de Vigo (1982)
- Edificio dos Xulgados de Santiago de Compostela (1985[1]).
- Rehabilitación do Teatro Principal de Santiago de Compostela (1986).
- Rehabilitación do Teatro da Beneficencia (Ortigueira, 1987[2])
- Rehabilitación do Salón Teatro de Santiago de Compostela.
- Rehabilitación do teatro Jofre (Ferrol, 2002[3]).
- Rehabilitación do Teatro Colón (A Coruña, 2003)
- Ampliación da facultade de Ciencias Políticas da USC.
- Creación do polideportivo do Colexio Manuel Peleteiro[4].
Remove ads
Vida persoal
Estivo casado e tivo tres fillos.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads