José Jiménez Lozano
escritor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
José Jiménez Lozano, nado en Langa, Ávila, o 13 de maio de 1930 e finado en Valladolid o 9 de marzo de 2020, foi un escritor español.[1] Recibiu o Premio Cervantes en 2002.[2]
Remove ads
Traxectoria
Naceu en Langa, pequena poboación da comarca da Moraña, ao norte da provincia de Ávila, onde pasou a súa infancia ata que marchou a estudar. Na súa obra están reflectidas as paisaxes de ampla chaira castelá, con horizontes inmensos que convidan o pensamento, a reflexión e mesmo a mística que inspirou a Xoán da Cruz e Tareixa de Ávila, así como algúns personaxes da súa lembranza son usados ao modo de como Miguel Delibes utiliza personaxes nas súas novelas ambientadas na Castela rural.
Desenvolveu a súa vida profesional en Valladolid e en Alcazarén, a súa residencia durante máis de cincuenta anos.
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Valladolid, en Filosofía e Letras pola de Salamanca e en Xornalismo pola Escola Oficial de Xornalismo de Madrid en 1962.
Foi colaborador de El Norte de Castilla de Valladolid desde 1958, redactor de 1962 a 1978, subdirector de 1978 a 1979 e director desde 1992 até a súa xubilación en 1995.
En 1988, José Jiménez Lozano, o sacerdote José Velicia e o arquitecto Pablo Puente[3] desenvolveron en Valladolid a primeira edición da exposición Las Edades del Hombre. Tamén participou na parte técnica Eloísa García de Wattenberg, entón directora do Museo Nacional de Escultura. A parte financeira correu a cargo da Caixa de Salamanca e Soria.
Compaxinou a carreira xornalística coa literatura: é autor de novelas, ensaios, poesía e diarios. Colaborador habitual de xornais como ABC ou La Razón, foi tamén patrón do Instituto Cervantes, da Residencia de Estudantes e das fundacións da Lingua Española e da dos Duques de Soria.
Foi galardoado co Premio Cervantes 2002 –considerado como o Nobel das letras hispanas–. O escritor considerou o premio «como o que é, como un agasallo, cunha grande alegría» e que «é o premio máis importante do país e sinto que é un recoñecemento oficial, pero o que me enche de alegría é saber que a miña obra chegou a uns cantos, aínda que sexa un lector».[2]
O papa Francisco concedeulle a Cruz Pro Ecclesia et Pontifice, máxima distinción para un segrar, que recibiu o 4 de novembro de 2017 de mans do entón cardeal e arcebispo de Valladolid, Ricardo Blázquez.
Faleceu en Valladolid o 9 de marzo de 2020 aos oitenta e nove anos.[4][5]
Remove ads
Obra
Ensaio
- Nosotros los judíos (1959)
- Un cristiano en rebeldía (1963)
- Meditación sobre la libertad religiosa (1966)
- La ronquera de Fray Luis y otras inquisiciones (1973)
- Sobre judíos, moriscos y conversos (1982)
- Guía espiritual de Castilla (1984)
- Juan XXIII (1985)
- Ávila (1988)
- Los ojos del icono (1988)
- La Lugareja (1991)
- Pecado, poder y sociedad en la historia (1992)
- Ni venta ni alquilaje (1992)
- Unas cuantas confidencias (1993)
- Castilla y León inolvidable (1994)
- con Gurutze Galparsoro: Una estancia holandesa (1998)
- Fray Luis de León (2001)
- El narrador y sus historias (2003)
- Contra el olvido (2003)
- Obstinación del almendro y de la melancolía (2012)
Novela
- Historia de un otoño (1971)
- El sambenito (1972)
- La salamandra (1973)
- Duelo en la Casa Grande * Parábolas y circunloquios de Rabí Isaac Ben Yehuda (1325-1402) (1985)
- Sara de Ur (1989)
- Estampas y memorias (1990)
- El mudejarillo (1992)
- Relación topográfica (1993)
- La boda de Ángela (1993)
- Teorema de Pitágoras (1995)
- Las sandalias de plata (1996)
- Los compañeros (1997)
- Ronda de noche (1998)
- Las señoras (1999)
- Maestro Huidobro (1999)
- Un hombre en la raya (2000)
- Los lobeznos (2000)
- El viaje de Jonás (2002)
- Carta de Tesa (2004)
- Las gallinas del licenciado (2005)
- Libro de visitantes (2007)
- Agua de noria (2008)
Relatos
- El santo de mayo (1976)
- El grano de maíz rojo (1988)
- Los grandes relatos (1992)
- Objetos perdidos (1993)
- El cogedor de acianos (1993)
- Un dedo en los labios (1996)
- El balneario (1998)
- Antología de cuentos (2004)
- El ajuar de mamá (2006)
- La piel de los tomates (2007)
- Libro de visitantes (2004)
- El azul sobrante (2009)
- Un pintor de Alejandría (2010)
Diarios
- Los tres cuadernos rojos (1973-1983) (1985)
- Segundo abecedario (1984-1988) (1992)
- La luz de una candela (1989-1993) (1996)
- Los cuadernos de letra pequeña (1993-1998) (2003)
- Advenimientos (2001-2004) (2006)
- Los cuadernos de Rembrandt (2005-2008) (2010)
- Impresiones provinciales (2010-2014) (2016)
- Cavilaciones y melancolías (2016-2017) (2018)
- Evocaciones y presencias (2018-2020) (2020)
Poesía
- Tantas devastaciones (1992)
- Un fulgor tan breve (1995)
- El tiempo de Eurídice (1996)
- Pájaros (2000)
- Elegías menores (2002)
- Elogios y celebraciones (2005)
- Enorme luna (2005)
- La estación que gusta al cuco (2010)
- El precio, antología (2013)
- Un fulgor tan breve, reedición (2017)
- Tantas devastaciones, reedición (2017)
Remove ads
Premios
- Premio da Crítica de narrativa castelá 1988 por El grano de maíz rojo.
- Premio Castela e León das Letras 1988.
- Premio Nacional das Letras Españolas 1992.
- Premio Luca de Tena de Xornalismo 1994 por El eterno retablo de las maravillas.
- Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 1998
- Premio Nacional de Xornalismo Miguel Delibes 2000 Sobre el español y sus asuntos.
- Premio Cervantes 2002.
- Medalla Prol Ecclesia et Pontifice 2017.
- Medalla de Ouro da Provincia de Ávila 2019.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads