Xosé Luís Alvite
xornalista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
José Luis Rey-Alvite Martínez, coñecido como José Luis ou Xosé Luís Alvite,[1] nado en Santiago de Compostela en 1949 e finado o 15 de xaneiro de 2015[2] foi un xornalista e escritor galego.
Remove ads
Traxectoria
Naceu nunha familia con importantes vínculos co xornalismo, ao seren seu pai, José Rey-Alvite Feás, seu avó Jesús Rey Alvite e seu tío Jesús Rey-Alvite Feás xornalistas. De profesión empregado de banca, escribiu como columnista e xornalista de opinión en distintos medios, de ámbito galego e español, como Diario 16, La Razón, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña ou La Nueva España.
Tamén colaborou no programa de radio Herrera en la Onda de Onda Cero, dirixido e presentado por Carlos Herrera, con quen xa traballara antes tamén en Radio Nacional de España.
Remove ads
Vida persoal
Casou dúas veces. Padeceu un dobre cancro de pulmón e de colon, dos que faleceu.
Obra
A súa obra consiste en recompilacións dos seus artigos.
- Historias del Savoy. Ézaro Ediciones (2004). ISBN 978-84-933888-0-5. ISBN 84-933888-0-7.
- Almas del nueve largo. Ézaro Ediciones (2007). ISBN 978-84-935134-2-9.
- Áspero y sentimental. Ézaro Ediciones (2008). ISBN 978-84-936461-2-7.
- Humo en la recámara. Ézaro Ediciones (2011). ISBN 978-84-937490-9-5.
- Lilas en un prado negro. Ézaro Ediciones (2012). ISBN 978-84-939098-3-3
- Charlas de nunca. Ézaro Ediciones (2014). ISBN 978-84-939098-8-8
Galardóns
- Premio Diego Bernal de xornalismo[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads