Julio Galán Carvajal
arquitecto español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Julio Galán y González Carvajal, nado en Avilés (Asturias) o 22 de decembro de 1875 e finado en Oviedo en decembro de 1939 foi un arquitecto que realizou a maior parte da súa obra en Galicia e Asturias.
Remove ads
Traxectoria
Estudou arquitectura en Madrid onde se graduou en 1900. O seu primeiro traballo foi como arquitecto municipal en Trujillo, pero ao quedar libre a praza de arquitecto provincial da Coruña trala morte de Faustino Domínguez Coumes-Gay gañou a praza en 1901. Tamén foi arquitecto diocesano de Santiago de Compostela. Na Coruña naceu o seu fillo, o tamén arquitecto Julio Galán Gómez.
En 1911 foi nomeado arquitecto municipal de Oviedo, cargo que ocupou ata 1921. Seguiu residindo na cidade de Oviedo ata a súa morte.
En 1991 o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia creou o Premio de Arquitectura Julio Galán Carvajal.[1]
Remove ads
Obra
Galán Carvajal é considerado un dos introdutores do modernismo en Galicia, realizando obras como a Casa Rey e o Pazo de Xustiza da Coruña (sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia). Foi o autor das Casas do Concello de Carballo e Ribeira, derrubadas ambas as dúas na década de 1970. En Asturias deseñou o Círculo Mercantil ou a colonia do Marqués de San Feliz.
Galería
- Casa Rey na avenida da Mariña (A Coruña)
- Casa Viturro na praza de Lugo (A Coruña)
- Edificio na rúa de Juana de Vega (A Coruña)
- Casa Cabanela, na praza de Santo André (A Coruña)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads