Kajsa Ekis Ekman
Xornalista, escritora e activista feminista sueca From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Kajsa "Ekis" Ekman, nada en 1980, é unha xornalista, escritora e activista sueca. É autora de varios traballos sobre a crise financeira, os dereitos das mulleres, e a crítica do capitalismo. Escribe para o diario sueco Dagens Nyheter e é columnista op-ed no diario de esquerda ETC.[1] Tamén escribe para The Guardian, TruthDig e Feminist Current.
Remove ads
Libros
O seu libro Being and Being Bought (en galego, Ser e ser comprado) compara a industria de sexo e a de xestación por substitución e como ambas as dúas mercantilizan o corpo das mulleres.[2] Critica a idea do «traballo do sexo» por ser unha alianza infame entre a dereita neoliberal e a esquerda posmoderna utilizada para lexitimar a industria do sexo. Tamén denuncia que os "sindicatos para traballadores do sexo" en moitos casos están financiados por proxenetas, estados, e académicos, e teñen moi pouco que ver coa loita dos traballadores. O libro foi traducido a francés, inglés, español e alemán.
O seu libro Stolen Spring («Primavera roubada») describe a crise do euro vista desde Atenas e a forma na que afectou á economía grega.[3] Ekman critica a visión de que a crise fose causada polos traballadores gregos e atribúea a cambios no capitalismo. Concedéuselle o premio «Sueco-Grego do Ano» 2016 pola súa solidariedade con Grecia.[4]
Ekman foi unha das relatoras principais no Festival of Dangerous Ideas (en galego, Festival de Ideas Perigosas) de 2014.
Na súa charla Ted, «Todo o mundo fala sobre o Capitalismo, mais que é?», fala sobre mercado libre como ferramenta útil, mais describe o capitalismo como unha forza allea á moral, a responsabilidade, planificar sobre o clima, o país ou o mundo. Suxire a regulación do sector financeiro para evitar crises e propón a democracia en todos os sectores da sociedade, incluído no lugar de traballo.[5]
Participou na Frota da Liberdade a Gaza en 2015.
Remove ads
Notas
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads