Keanu Reeves
actor de cine e televisión canadense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Keanu Charles Reeves nado en Beirut o 2 de setembro de 1964, é un actor canadense de cine e televisión. É coñecido polas súas interpretacións en filmes como Speed (1994), Matrix (1999), Matrix Reloaded (2003), Matrix Revolutions (2003), Constantine (2005), The Day the Earth Stood Still (2008) e, máis recentemente, John Wick (2014) e as súas secuelas. A revista Time considerouno unha das 100 persoas máis influentes do mundo no 2022.[1]
No 2013, Reeves dirixiu a súa primeira película, Man of Tai Chi.
Remove ads
Traxectoria
É fillo do xeólogo Samuel Nowlin Reeves e de Patricia Bondo, cuxo apelido de solteira era Taylor. A nai de Reeves é inglesa, mentres que o pai é descendente de ingleses, portugueses, chineses e hawaianos. O nome Keanu é orixinario de Hawai, illa da que provén o seu pai. Significa brisa fresca sobre os outeiros. Tralo abandono do seu pai, e o posterior divorcio do matrimonio, a súa nai mudouse ao Canadá, onde medraron Keanu e a súa irmá Kim. Percorreron diversas partes do mundo, como Australia, Nova York e Toronto, tendo varios padrastos. Dende moi novo, Keanu sentiu inclinación polo hóckey sobre xeo, ao que se adicou no instituto, onde o alcumaban O muro.
Remove ads
Filmografía
Cinema
Televisión
Videoxogos
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads