John Wick 4
filme de 2023 dirixido por Chad Stahelski From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
John Wick 4[1] (en inglés: John Wick: Chapter 4) é un filme estadounidense de 2023 dirixido e co-producido por Chad Stahelski e escrito por Shay Hatten e Michael Finch. É a secuela de John Wick: Chapter 3 – Parabellum (2019) e o cuarto filme da saga John Wick. Está protagonizado por Keanu Reeves, xunto con Donnie Yen, Bill Skarsgård, Laurence Fishburne, Hiroyuki Sanada, Shamier Anderson, Lance Reddick, Rina Sawayama, Scott Adkins, Clancy Brown e Ian McShane. No filme, John Wick proponse vingarse da Alta Mesa e dos que o deron por morto.
O desenvolvemento do cuarto título de John Wick, anunciado formalmente por Lionsgate en maio de 2019, confirmouse antes do lanzamento da súa predecesora. É a primeira entrega da franquía que non foi escrita polo creador Derek Kolstad, sendo Hatten contratado en maio de 2020, e Finch en marzo de 2021. A fotografía principal tivo lugar de xuño a outubro de 2021, e os lugares de rodaxe incluíron Francia, Alemaña, Nova York e o Xapón.
John Wick 4 estreouse a través de Amazon Prime Video o 21 de xuño de 2023, onde conta con dobraxe e subtitulado en galego.
Remove ads
Personaxes
- Keanu Reeves como John Wick[2][3]
- Donnie Yen como Caine
- Bill Skarsgård como Marqués Vincent Bisset de Gramont
- Laurence Fishburne como Bowery King[4]
- Hiroyuki Sanada como Shimazu Koji[5]
- Shamier Anderson como Mr. Nobody / The Tracker
- Lance Reddick como Charon
- Rina Sawayama como Shimazu Akira[6][7]
- Marko Zaror como Chidi[8]
- Scott Adkins como Killa Harkan[9]
- Clancy Brown como the Harbinger[10]
- Ian McShane como Winston Scott[11]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads