Kebab

From Wikipedia, the free encyclopedia

Kebab
Remove ads

O kebab[1] (en árabe: کباب), tamén chamado kebap ou kabab, é un prato típico do Oriente Medio, o Mediterráneo oriental e Asia Meridional. Elabórase con anacos de carne, peixe ou vexetais cociñados á grella ou ó espeto.[2] A súa orixe é o Mediterráneo oriental,[3][4][5] sendo mencionado por Homero,[6] ou tamén no Oriente Medio,[7][8] sendo adoptado posteriormente en Asia Central e nas rexións do Imperio Mongol e do Imperio Otomán.

Thumb
Kebabs de peixe ó espeto sendo cociñados en Turkmenistán.
Datos rápidos Kebab کباب, Ingredientes ...

A carne tradicional do kebab é a de año, mais dependendo dos gustos e das prohibicións relixiosas locais, pode facerse con outras carnes, como a de tenreira, cabra, polo, porco ou peixe. Na actualidade é un prato popular no mundo occidental, especialmente pola mocidade como unha alternativa de comida rápida.[9]

Remove ads

Döner kebab

Artigo principal: Döner.

O döner kebab, literalmente "carne rodante", é a variante turca do kebab, e consiste en follas de carne de tenreira ou polo cociñadas nun torno vertical. O döner kebab adoita servirse nun pan redondo característico da cociña balcánica e oriental chamado "Pita". A carne vai acompañada de ensalada, ou tamén pode servirse nun prato con patacas fritidas, normalmente como acompañamento do "pide" ou lahmacun (pizza armenia). Os restaurantes nos que se cociña o döner kebab ou shawarma para levar son comúns nalgunhas partes de Europa. O döner kebab ten gran popularidade en Alemaña, Austria, Francia, Países Baixos, Dinamarca, Australia, España e Romanía. Os "gyros" (de carne de porco), chamados así en Grecia, son bastante populares nos Estados Unidos como comida para levar.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads