Khachkar

From Wikipedia, the free encyclopedia

Khachkar
Remove ads

Un Khachkar ou Khatchkar ("Խաչքար" en armenio, "cruz de pedra", pronunciado como AFI: [χɑtʃkɑɹ]) é unha pedra conmemorativa tallada tradicional de Armenia.

Thumb
Dous khachkars tipo Julfa do século XVI, retirados do cemiterio de Julfa antes da súa destrución por Azerbaidján[1]

Ten un crucifixo ou unha cruz, cunha roseta ou círculo solar debaixo. Outras partes pódense encher con patróns de follas, uvas ou nós. Ás veces ten unha repisa na parte superior con santos ou personaxes da Biblia.

A maior parte das veces un khachkar é colocado por motivos relixiosos para a salvación da alma dunha persoa viva ou morta. Tamén teñen sido colocados por outros motivos, como para mostrar unha vitoria militar, a construción dunha nova igrexa ou como protección contra desastres naturais.

A maioría dos Khachkars están nos cemiterios, pero as lápidas armenias adoptan moitas outras formas, e só unha pequena parte son khatchkars.

Remove ads

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads