Alepo

cidade do norte de Siria From Wikipedia, the free encyclopedia

Alepomap
Remove ads

Alepo[1] (en árabe: حلب) é unha cidade de Siria, capital da provincia de Alepo. A cidade ten unha poboación de arredor de 1 700 000 (1999), converténdoa na segunda cidade de Siria, despois de Damasco. Situada nun lugar estratéxico entre o río Éufrates e o mar Mediterráneo. Coñecida na antigüídade como Khalpe, os gregos déronlle o nome de Beroea, e os árabes o de Ḥalab. É un importante centro comercial, e ten unha gran mesquita dos séculos XI e XII.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

Thumb
Cidadela de Alepo.

Debido á moderna cidade ocupar o antigo sitio, en Alepo fixéronse poucas escavacións arqueolóxicas. O lugar leva sendo habitado dende o 1800 a.C., tal como rexistran documentos hititas. Medrou como capital do reino de Yamkhad ata que foi controlado polos hititas arredor do 1600 a.C., permanecendo baixo poder hitita ata o 800 a.C. no que pasou a mans dos asirios e posteriormente ao Imperio Persa, antes de ser capturada polos gregos no ano 333 a.C., cando Seleucos Nicator mudou o nome da cidade para Beroea.

No ano 54 a.C. pasou a mans de Roma, posteriormente a cidade pasou a formar parte do Imperio Bizantino ata o 637 en que pasou aos árabes, aínda que do novo no século X Bizancio recuperou a cidade brevemente entre o ano 974 e o 987.

A cidade foi dúas veces asediada polos Cruzados en 1098 e en 1124 pero non foi conquistada. A cidade permaneceu no Imperio Otomán ata o seu colapso. A cidade recuperou a súa actividade económica durante a ocupación francesa ata a cesión de Antioquía a Turquía en 1938-1939.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads