LaSexta3
From Wikipedia, the free encyclopedia
laSexta3 foi unha canle de televisión española privada, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Atresmedia que emitía a través da TDT. Comezou as súas emisións regulares o 1 de novembro de 2010 e cesounas o 5 de maio do 2014.[1] A súa oferta estaba baseada en cine tanto de produción española como internacional.
LaSexta3 | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Instancia de | canle de televisión temática | ||
Texto lema | Ficción | ||
Persoas e organizacións | |||
Propietario/a | Atresmedia | ||
Data | |||
Fundación | 1 de novembro de 2010 | ||
Disolución | 6 de maio de 2014 | ||
Localización | |||
País | España | ||
Sede | Madrid | ||
Fontes e ligazóns | |||
Páxina WEB | lasexta.com | ||
Redes | |||
[ Wikidata ] |
Historia
Desde o día 8 de outubro de 2010, laSexta3 emitiu o sinal da canle EHS TV, dedicado á teletenda. Este sinal desapareceu da canle o día 1 de novembro de 2010 co inicio das emisións regulares de laSexta3, cuxa programación pasou a ser de series de ficción e películas. O día 28 de febreiro de 2011 laSexta3 foi remodelada e, co sobrenome Todo Cine, cambiou a súa programación de ficción por cine converténdose na primeira canle dedicada ao cine en aberto en España.
A partir do 4 de xullo de 2011 convértese nunha canle de cine e sen telenovelas, xa que pasan a emitirse en laSexta2, pasando a unha canle 'Todo Novelas' (feito que durou pouco tempo).
O 16 de agosto de 2011 a canle incorporouse ao dial 49 do operador de pago Imagenio.
A partir do 1 de maio, e co inicio da canle Xplora en substitución da antiga laSexta2, empeza unha denominación de transición: TODO CINE.
O 7 de outubro de 2012 a canle abandona as emisións do Mux Nacional 67 (842.00 Mhz) da TDT, pasando a emitir unicamente a través do Mux denominado MPE1 xunto ás súas canles irmáns laSexta HD e Xplora.
A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.[2][3][4]
Audiencias
Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS.[5] Están en letra grosa e azul os meses en que foi líder de audiencia.
Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro | Media anual | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 0,4%** | 0,5% | 0,45%[6] |
2011 | 0,5% | 0,6% | 1,1% | 1,4% | 1,4% | 1,5% | 1,5% | 1,9% | 1,7% | 1,7% | 1,5% | 1,5% | 1,4%[6] |
2012 | 1,5% | 1,5% | 1,2% | 1,5% | 1,5% | 1,4% | 1,8% | 1,9%* | 1,8% | 1,3% | 1,4% | 1,5% | 1,5%[6] |
2013 | 1,4% | 1,4% | 1,6% | 1,6% | 1,5% | 1,6% | 1,6% | 1,9% | 1,6% | 1,6% | 1,6% | 1,6% | 1,6%[6] |
2014 | 1,7% | 1,6% | 1,6% | 1,6% | - | - | - | - | - | - | - | - | (%)[6] |
* Máximo histórico. | ** Mínimo histórico.
- O 16 de setembro de 2012, laSexta3 conseguiu un 3,2% de cota de pantalla en todo o día, grazas á emisión das películas Robocop e Robocop 2.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.