Lago Balaton

lago en Hungría From Wikipedia, the free encyclopedia

Lago Balatonmap
Remove ads

O lago Balaton (húngaro Balaton; alemán Plattensee; Eslovaco Blatenské jazero, significando "lago barrento", probábel orixe do nome), localizado en Hungría, é o maior lago da Europa Central, cunha superficie de 592 km². O seu longo é de 77 km e a súa anchura varía de 4 a 14 km. A superficie do lago sitúase a 104 m por riba do nivel do mar, e a súa profundidade chega a 11 m (profundidade media 3,2 m). Como Hungría non ten costa marítima, o lago Balaton é ás veces chamado "Lago Húngaro". O río Zala fornece a maior cantidade de auga ao lago, e o canal Sió prové a saída de auga cando é necesario.

Datos rápidos Tipo, Localización ...
Thumb
Lago Balaton - Foto do satélite Landsat
Thumb
Vista do lago Balatón
Remove ads

Información turística

A alta estación vai de xuño até o final de agosto. A temperatura media durante o verán é de 23° C. Outras atraccións turísticas son a navegación, a pesca e outros deportes acuáticos, así como a visita da rexión — viñas na marxe norte e vida nocturna no sur. A península Tihany é un distrito histórico.

As cidades principais inclúen Keszthely, Balatongyörök, Badacsony, Balatonrendes, Révfülöp, Balatonakali, Tihany, Balatonfüred, Balatonalmádi, Balatonkenese, Balatonvilágos, Siófok, Zamárdi, Balatonföldvár, Balatonlelle, Balatonboglár, Fonyód, Balatonmáriafürdő, e Balatonberény.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

  • Principado de Balaton

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads