Tihany

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tihanymap
Remove ads

Tihany é unha vila de Hungría que se atopa na beira norte do lago Balaton, na península homónima do condado de Veszprém. A península enteira forma parte do distrito histórico.

Datos rápidos Localización, Poboación ...

O centro da vila e do distrito é unha abadía da Orde de San Bieito fundada en 1055 polo rei André I de Hungría, que está soterrado na cripta. De feito, a acta de fundación da abadía (conservada na Abadía de Pannonhalma) contén as primeiras verbas conservadas en lingua húngara. A abadía foi reconstruída en estilo barroco en 1754, e hoxe en día é un dos atractivos turísticos da zona por mor da súa importancia histórica e artística. A abadía tamén ten importancia na historia da dinastía Habsburgo, xa que o derradeiro Emperador de Austria desta dinastía, Carlos I de Austria, foi retido brevemente nesta abadía logo ser apreixado durante o seu segundo intento de acceder ó trono de Hungría.

Os habitantes de Tihany teñen a renda per cápita máis alta e os prezos de vivenda máis altos de Hungría.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads