Lanzós (San Martiño), Vilalba
parroquia civil do concello de Vilalba From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Martiño de Lanzós é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo), situada nun val ao norte da Vilalba. Segundo o IGE[2], en 2022 tiña 470 habitantes (227 homes e 243 mulleres), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 735 habitantes.
Remove ads
Historia
Existen restos arqueolóxicos que datan da Idade de Bronce. Tamén existen restos dun castro con valado de terra no lugar do Adro.
Durante a Idade Media, o señorío de Lanzós formou parte activa na revolta irmandiña.[3] Existe un romance que lembra a participación dos de Lanzós na revolta.[3]
Até hai uns anos explotouse un xacemento de mineral de ferro a ceo aberto no barrio de Ferreira.
Patrimonio
No lugar do Pazo consérvase parte da vivenda de Afonso de Lanzós, o xefe irmandiño.
No lugar do Adro atópase a Casa-Escola de Lanzós, edificio de planta rectangular de construción habanera rematado en 1921.
Demografía
Gráfica de evolución demográfica de San Martiño de Lanzós entre 2000 e 2020 |
![]() |
Datos segundo o IGE.[2] |
Galería de imaxes
- Antiga escola de San Martiño de Lanzós.
- Igrexa de San Martiño de Lanzós.
- Vista lateral da igrexa.
- Cemiterio de Lanzós.
Lugares e parroquias
Lugares de San Martiño de Lanzós
Lugares da parroquia de San Martiño de Lanzós no concello de Vilalba (Lugo) | |
---|---|
O Adro | Bichicán | Biduído | Braínlle | Bustelo | As Cádevas | Caldas | Candorca | Carreiroa | Casa Lousada | O Cotelo | O Coto | O Curadoiro | Escairo | Os Febreiros | Ferreira | Ferreiroa | A Fontevella | Ladrela | Os Lagos | Lamelas | Meixonfría | Moreda | Muruxás | A Pallota | Paraños | O Pazo | O Pedrouzo | A Pereira | O Polo | Ramil | Redondo | O Rego | A Revolta | O Ribado | O Sisto | Touriño | Vilagondriz | Vilate |
Parroquias de Vilalba
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads