Larry Page

Científico informático estadounidense e empresario de Internet, cofundador de Google From Wikipedia, the free encyclopedia

Larry Page
Remove ads

Lawrence Edward "Larry" Page[1], nado en East Lansing (Míchigan) o 26 de marzo de 1973, é un científico informático e empresario estadounidense. Page é cofundador, xunto con Serguei Brin[2][3] de Google, anteriormente chamada BackRub. Page é o director executivo (CEO) da compañía matriz de Google, Alphabet Inc.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Page é o inventor de PageRank, o algoritmo de clasificación de procura máis coñecido de Google.[4][5][6][7][8][9][10] Page recibiu o Premio Marconi en 2004.[11]

É, ademais, un dos homes máis ricos do mundo; en outubro de 2017 estimábase que tiña un patrimonio neto de 40.7 mil millóns de dólares (2017).[2]

Remove ads

Traxectoria

Page é fillo de dous docentes universitarios, Gloria Page, profesora de programación no Lyman Briggs College e na Universidade Estatal de Míchigan e Carl Victor Page, profesor de ciencias da computación e intelixencia artificial da Universidade Estatal de Míchigan, foi un pioneiro e autoridade no campo da Intelixencia artificial, prematuramente falecido en 1996.[12]

Desde os dous anos de idade asistiu en Lansing a unha escola do método Montessori. A paixón de Page polos computadores e a informática empezou aos seis anos, e o seu interese pola tecnoloxía e os inventos aos doce. O seu ídolo xuvenil foi Nikola Tesla.[13] Seguindo os pasos dos seus pais, e baixo a súa orientación, cursou estudos na East Lansing High School e graduouse con honras na Universidade Estatal de Míchigan, obtendo un grao en enxeñería de computadores (Computer Engineering). Doutorouse en ciencias da computación na Universidade Stanford. O Instituto de empresa premiouno cun máster honorífico en administración de empresas e foi o primeiro en recibir o premio Alumni society recent engineering graduate da Universidade de Míchigan.

Remove ads

Google

Durante o seu doutoramento en Stanford coñeceu a Sergey Brin. Xuntos desenvolveron e puxeron en marcha o buscador Google, que empezou a funcionar en 1998. Google está baseado na tecnoloxía patentada PageRank. Dise que lle puxeron este nome ao buscador pola súa semellanza coa palabra googol ou gúgol (nome dun número extremadamente grande, 10 elevado á 100, ou 10100).

O primeiro artigo sobre Google que ambos publicaron nun periódico científico foi "The Anatomy of a Large-Scale Hypertextual Web Search Engine" (1998),[14] que figurou pronto entre os dez artigos máis citados de todos os tempos.[15] Page foi presidente de Google xunto con Sergey Brin ata 2001, ano en que decidiron contratar a Eric Schmidt. Page dirixe Google xunto a Serguey Brin e Schmidt.

A data 4 de abril de 2011 Eric Schmidt cesou a súa actividade como director executivo (CEO) de Google para dar paso a Larry Page.

Remove ads

Outros datos

Page deu conferencias en diversos foros internacionais, como o Foro Económico Mundial, a Conferencia de Tecnoloxía, Entretemento e Deseño, o Cume sobre Tecnoloxía do The Wall Street Journal, ou o Club Commonwealth. Foi nomeado World Economic Forum Global Leader for Tomorrow (Líder Global para o Futuro do Foro Económico Mundial) en 2002, así como Young Innovator Who Will Create the Future (Mozo Innovador Que Creará o Futuro) pola revista Technology Review do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Membro do National Advisory Committee (NAC) da Facultade de Enxeñería da Universidade de Míchigan, foi nomeado Innovator of the Year (Innovador do Ano) pola revista Research and Development e foi elixido membro da Academia Nacional de Enxeñería en 2004.

En 2004, xunto con Brin, recibiu o Premio Marconi, e o 24 de outubro de 2008, en nome de Google, o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

O seu irmán máis vello, Carl Victor Jr., foi cofundador de eGroups, máis tarde vendido a Yahoo.[16]

O 8 de decembro de 2007, na hawaiana illa Necker, Larry Page casou con Lucinda (Lucy) Southworth, licenciada en ciencias biomédicas das universidades de Pensilvania e Oxford.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads