Laurus
xénero de árbores da familia Lauraceae From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Laurus, os loureiros, é un xénero de arboriñas sempreverdes da familia das lauráceas. Téñense descrito 331 especies, das cales só 3 son aceptadas; o resto corresponde a 128 sinónimos e 200 táxones taxonomicamente sen arranxar.[1] En Galicia atopamos unha especie silvestre, o loureiro común, con todo xeneticamente o loureiro que atopamos bravo nos regueiros galegos ten certa semellanza xenética con Laurus azorica (o loureiro dos Azores).
Remove ads
Descrición
Árboriñas e arbustos moi recendentes, a maioría tropicais. As follas perennes, teñen glándulas brillantes de aceite. Polo xeral, as flores están dispostas en cimas axilares; son unisexuais, pequenas e amareladas averdadas. Pétalos en número de 4. Teñen 8-12 estames e o ovario único. O froito é unha baga.[2]
Especies aceptadas
- Laurus azorica (Seub.) Franco, sin. Persea azorica Seub. Coñecido como loureiro dos Azores, ou polos seus nomes en portugués Louro, Loureiro-dos-Açores, Louro-da-terra, e Louro-de-cheiro, é nativo das laurisilvas dos Azores e a Illa de Madeira, e de Marrocos.[3]
- Laurus novocanariensis, o loureiro das Canarias, antes considerada unha variedade da especie anterior, dende 2006 considérase unha especie distinta endémica das Illas Canarias.
- Laurus nobilis L., o loureiro común, medra bravo en Galicia en cavorcos e lugares húmidos. É a fonte do coñecido condimento. Coas súas franzas facíase a coroa de loureiros na Grecia antiga.
Outras
- Laurus chinensis Blume
- Laurus melissifolia Walter
Remove ads
Orixe
Os fósiles achados datan de antes das glaciacións wurmienses, mostrando que as especies de Laurus se distribuían máis amplamente no Mediterráneo e o norte de África, cando o clima era máis húmido e temperado ca o actual. Acéptase que as secas no Mediterráneo durante as eras glaciais causaron o retroceso de Laurus a refuxios climáticos máis temperados, sur de España e as illas macaronésicas. Coa fin da última glaciación, L. nobilis recuperou o seu rango no Mediterráneo.
Un estudo recente encontrou que as estacións nativas clasificadas como L. nobilis no norte de España (en Galicia por exemplo) estaban máis preto xenética e morfoloxicamente de L. azorica que da poboación de L. nobilis nativa en Francia e Italia[4] É certo que en Galicia os loureiros acostuman medrar en ambientes moi húmidos, moito máis ca nos que medra o loureiro común mediterráneo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads