Lavandeira citrina

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lavandeira citrina
Remove ads

A lavandeira citrina[2][3] (Motacilla citreola) é un pequeno paxaro cantor da familia Motacillidae.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Etimoloxía

O xénero, Motacilla foi creado con este nome por Carl Linnaeus en 1758 na 10ª edición de Systema Naturae.[4][5] Motacilla en latín era o nome da lavandeira branca, que é o diminutivo de motare, 'moverse continuamente', pero desde tempos medievais confundiuse cilla con 'cola'.[6] O termo citreola en latín significa 'de cor amarelado'.

Taxonomía

A sistemática, filoxenia e taxonomía desta especie foi obxecto de considerable debate a inicios do século XXI debido a que esta ave forma un complexo de especies crípticas con M. tschutschensis e M. flava. Decidir cales dos moitos taxons deste grupo corresponden a cales das moitas poboacións é improbable que se resolva no futuro inmediato.[7]

Descrición

É un paxaro delgado de 15,5 a 17 cm de longo, que move constantemente a súa longa cola, como é característico do xénero Motacilla. O macho adulto en plumaxe reprodutora é basicamente gris ou negro pola parte superior, con branco nas plumas rémixes, e amarelo brillante por debaixo e en toda a cabeza menos na caluga negra. En pumaxe invernal, as partes amarelas poden diluírse en cor branca, e a cabeza pasa a ser amarronada con supercilio amarelado. As femias parécense xeralmente a versións destinxidas dos machos en plumaxe invernal.

Distribución

Esta especie reprodúcese na parte norte de Asia central en prados húmidos e na tundra. Migra en inverno ao sur de Asia, a miúdo a terras altas. A súa área de distribución está expandíndose cara ao oeste e é unha ave errante rara pero cada vez máis frecuente en Europa occidental, incluíndo Galicia.[3] As aves errantes parecen estender a súa migración en lugar de extraviarse na súa ruta.

Ecoloxía

É un paxaro insectívoro que vive en zonas de campo aberto preto da auga, como prados húmidos e pantanos, e nidifica no chan, poñendo 4 ou 5 ovos con manchas.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads