Leocares
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Leocares (en grego Λεωχάρης, Leôkhárês), foi un escultor grego do século IV a.C. posiblemente natural de Atenas[1] e que foi discípulo de Praxíteles.[2]

Remove ads
Traxectoria
Era un broncista que estivo activo entre o 340-320 a.C.[3] e que colaborou con moitos dos grandes escultores da época: con Escopas e Bryaxis no Mausoleo,[4][5] e con Lisipo no grupo de bronce que representa a Alexandre cazando leóns, en Delfos.
Obra
Entre as obras que se lle atribúen, pódense citar:
- Retrato en bronce do orador Isócrates
- Estatuas crisoelefantinas da familia de Filipo II de Macedonia en marfil e ouro, no Filipeion de Olimpia [6](monumento conmemorativo da vitoria de Queronea no 338 a.C.).
- O seu grupo de bronce Ganímedes elevado aos ceos pola aguia de Zeus[7] é, con toda probabilidade, o que aparece representado nunha copia no Museo Vaticano de Roma
- Igualmente, se lle atribúe o Apolo de Belvedere, que fascinou os artistas europeos desde o renacemento e que se expón no Museo Pío-Clementino (Cidade do Vaticano). A súa influencia chegaría até o período Neoclásico do XVIII e o Romanticismo no XIX.[3] Angulo Íñiguez discrepa desta atribución e opina que é unha obra propia de Lisipo.[8]
- a Diana de Versalles (cara 325 a.C.)
- o Zeus tonante dos Museos capitolinos
Estilo
O estilo de Leocares combina a grandiosidade ática con proporcións alargadas, os membros que se moven no espazo e as posturas inquietas que experimentou Lisipo e un certo dramatismo que contrastaba co estilo dos outros escultores da época como Lisipo, Praxíteles e Escopas.[1]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads