Lebre (constelación)

constelación do hemisferio sur From Wikipedia, the free encyclopedia

Lebre (constelación)
Remove ads

Lepus ou Lebre[1] é unha constelación, situada xusto ó sur de Orión, e posiblemente representa unha lebre que está sendo perseguida por Orión. Lepus foi unha das 48 constelacións de Tolomeo e tamén pertence ás 88 constelacións modernas.

Datos rápidos Lepus, Nome latino ...

Esta constelación non debe ser confundida con Lupus.

Remove ads

Mitoloxía

Aínda que a constelación de Lepus é antiga, ten pouca mitoloxía asociada, á parte do posible papel accidental no mito de Orión. Segundo Hixino, tratábase dunha lebre que fuxía do can de Orión. Eratóstenes engadía que Hermes puxéraa entre as constelacións debido á súa gran velocidade.

Estrelas

Estrelas con nome propio

  • α Lep, 2,58 Arneb
    < أرنب ´arnab, lebre
  • β Lep, 2,81 Nihal ou Nibal
    < نهال nihāl (Camelos) apagando a súa sede
  • R Lep, Estrela de Hind Crimson – variable 5,5 - 11,7

Estrelas con designación de Bayer

γ Lep – estrela dobre 3.59, 6,15; δ Lep 3,76; ε Lep 3,19; ζ Lep 3,55 – ten un posible cinto de asteroides; θ Lep 4,67; η Lep 3,71; ι Lep 4,45; κ Lep 4,36; λ Lep 4,29; μ Lep 3,29; ν Lep 5,29

Estrelas con designación de Flamsteed

1 Lep 5,74; 9 Lep 5,25; 10 Lep 5,53; 12 Lep 5,88; 17 Lep 4,92; 19 Lep 5,28

Outras estrelas notables

Gliese 229 8,14 – estrela próxima cunha compañeira anana marrón
Remove ads

Obxectos Notable do espazo profundo

  • M79 (NGC 1904), cúmulo globular de magnitude 8,4 cun diámetro de 9,6 minutos de arco. Está situado a 3º53' ó sur de Nihal (β Leporis).
  • IC 418, nebulosa planetaria de magnitude 11, cunha estrela central que ten unha magnitude 11.
  • NGC 1964, galaxia espiral barrada, é a galaxia máis brillante da constelación con magnitude 10,8.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads