Letargo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Letargo
Remove ads

En medicina, o letargo, ou letarxia, é un estado de somnolencia prolongada causada por certas enfermidades.[1][2]

Thumb
Vespula germanica nun nicho dentro dun tronco de árbore. Hibernando, agarda á primavera para establer unha nova colonia. Se a raíña non sobrevivise, a colonia non sería fundada

Etimoloxía

É un termo da linguaxe científica tirado do latín científico lethargia, que á súa vez tomou do grego antigo λήθαργια lēthargia, voz formada polos elementos leth- e -argia, de λήθη lḗthē, "esquecemento", e αργíα argía, "repouso", "pereza", "inacción", "inercia", respectivamente.[3]

Características

O letargo é ademais síntoma de varias enfermidades nerviosas, infecciosas o tóxicas, caracterizado por un estado de somnolencia profunda e prolongada. Torpeza, modorra, insensibilidade, enaxenamento do ánimo relacionados con dito estado como comportamentos asociados xa que o organismo relaxa todo o corpo.[4][5]

É un cadro clínico relacionado coa fatiga ou astenia e en, casos graves á narcolepsia. Pode ir acompañado de depresión, diminución da motivación ou apatía.[4][5]

Outras causas

O letargo pode ser unha resposta normal a un sono inadecuado, a un exceso de esforzo ou de traballo, ao estrés, á falta de exercicio, á nutrición inadecuada, ou ao aburrimento. Tamén pode ser un efecto secundario da medicación, ou ser causado por unha interacción entre medicamentos e alcohol. Cando forma parte dunha resposta normal, o letargo adoita resolverse co descanso, o sono adecuado, a diminución do estrés, o exercicio físico e unha boa nutrición.[4][5]

Remove ads

En zooloxía

En zooloxía é como se denomina un tipo especial de hibernación,[1][2] característico dalgúns mamíferos alpinos das zonas polares, como a marmota, os osos ou o leirón, e que tamén experimentan algúns insectos no seu cliclo vital.[6]

O letargo representa unha forma especial de hibernación, e implica unha suspensión da facultade de termorregulación.[6]

Nos insectos

Nos insectos o letargo é produto dunha adaptación da especie a condicións de alimentación ou temperatura adversas, ou para sincronizaren a aparición dos adultos de toda a poboación, o que favorece a coincidencia dos sexos.[7][8]

Os seus factores causantes ou determinantes son ben específicos.[9]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads