Li Ning
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Li Ning, nado en Laibin (Guangxi) o 10 de marzo de 1963 é un exximnasta e empresario chinés. Fundou a compañía de material deportvio Li-Ning.
Remove ads
Traxectoria
Carreira deportiva
Li comezou a adestrar aos oito anos e foi seleccionado para o equipo nacional en 1980. En 1982, gañou seis das sete medallas concedidas na sexta Copa do Mundo de Ximnasia, valéndolle o título de "Príncipe da Ximnasia" (体操王子/體操王子).
Li é célebre por gañar seis medallas nos Xogos Olímpicos de 1984, primeiros xogos nos que participou a China. Gañou tres ouros en chan, cabalo con aros e aneis, dúas pratas e un bronce. Ademais gañou once medallas no campionato mundial de ximnasia artística, incluíndo medallas de ouro en aneis (1985) e na xeral por equipos (1983).[1]
A pesar das lesións, participou nos Xogos Olímpicos de 1988, que foron o final da súa carreira deportiva.
Vida posterior
Li retirouse da competición en 1988, e en 1990 fundou Li-Ning Company Limited, que vende calzado e material deportivo na China.[1] Li é o xefe dos directores da compañía. Segundo a lista de ricos da China de Hurun Report de 2014, a súa fortuna estimada é de cinco mil millóns de RMB, facendo del a 407.ª persoa máis rica da China.[2]
Li foi incluído no Salón Internacional da Fama da Ximnasia en 2000, primeiro chinés incluído.[3]
Nos Xogos Olímpicos de 2008, Li Ning encendeu a lapa na cerimonia de inauguración tras ser levantado no aire con cables e arremedar unha carreira polo bordo do estadio.[4][5][6]
Li está casado con Chen Yongyan, ximnasta gañadora da medalla olímpica de bronce en 1984.[1]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads