Liberec

cidade da República Checa From Wikipedia, the free encyclopedia

Liberecmap
Remove ads

Liberec (en alemán: Reichenberg) é unha cidade do norte da República Checa, capital da rexión do mesmo nome. No ano 2019 tiña 104.445 habitantes, sendo a quinta cidade máis poboada do país. Atópase a só uns poucos quilómetros da fronteira alemá e polaca, e é un enclave nas comunicacións por tren e estrada na zona.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Remove ads

Historia

A primeira referencia escrita que menciona á cidade data do ano 1352, Liberec non era máis ca un vao sobre a ruta comercial norte-sur, un alto no camiño despois do paso do monte Ještěd. En 1577 convertese en cidade franca baixo o reinado do emperador Rodolfo II, mais despois é cedida a Melchior von Redern. Os Redern, señores de Liberec, deben exiliarse despois da súa derrota na Batalla da Montaña Branca.

Na década de 1930 a cidade convirtiuse no centro da rexión dos Sudetes. Despois do Pacto de Múnic, en 1938, a cidade pasou a formar parte da Alemaña nazi.

Despois da segunda guerra mundial, a cidade volveu pertencer novamente a Checoslovaquia. A maioría da poboación alemá foi expulsada polos decretos de Beneš e a zona foi repoboada por checos.

Liberec tamén ten unha minoría xudía, cunha sinagoga de nova construción, e unha minoría grega, orixinaria dos refuxiados comunistas que se estableceron alí despois da guerra civil grega en 1949.

Remove ads

Galería de imaxes

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads