Libra escocesa

antiga unidade monetaria escocesa From Wikipedia, the free encyclopedia

Libra escocesa
Remove ads

A libra escocesa (en inglés: pound scots; en scots: pund scots) foi unha moeda escocesa base do sistema monetario do Reino de Escocia con anterioridade á súa unificación co Reino de Inglaterra en 1707.

Máis información Moeda de 6 libras escocesas Xacobe VI (1567-1625) ...
Remove ads

Historia

A libra escocesa foi introducida no século XII polo rei escocés David I (1124-1153), tomando como modelo a moeda de Inglaterra e de Francia, e dividiuse desde entón en 20 xilins, e cada un destes en 12 peniques (240 peniques por libra).[2][3][4] A moeda escocesa sufriu posteriormente un proceso de desvalorización en relación coa libra esterlina e xa en tempos de Xacobe III (1460-1488) esta última equivalía xa a catro libras escocesas.

O penique (penny) foi a única denominación monetaria deste sistema cuñada ata 1280, cando comezaron a emitirse moedas da metade do seu valor (half penny) e tamén da súa cuarta parte (farthing), introducidas por Alexandre III (1249-1286). As emisións baseáronse neses tres valores ata a reforma monetaria de David II (1329-1371), producida en 1357, que deu lugar á aparición de novos valores en ouro (como o noble, de 6 xilins e 8 peniques) e en prata (como o groat, de 4 peniques).[5]

A partir de aí, nos séculos seguintes xurdiu unha ampla variedade de denominacións en cobre, billón, prata e ouro, como fraccións e múltiplos da libra escocesa e co seu valor expresado en xilins e en peniques (bawbee, merk, unicorn, etc).[6]

Coa subida do monarca escocés Xacobe VI (1567-1625) ao trono de Inglaterra, co nome de Xacobe I de Inglaterra, en 1603, reformouse o sistema monetario escocés para o harmonizar co sistema inglés, e estableceuse unha equivalencia de 12 libras escocesas por cada libra esterlina.[7]

Logo da Lei de Unión de ambos os reinos de 1707, a libra escocesa foi abolida e substituíuse pola esterlina mantendo a mesma relación de 12 a 1 (unha libra escocesa equivalía, xa que logo, a 1 xilin e 8 peniques ingleses), e a libra escocesa continuou utilizándose e Escocia unicamente como unidade de conta ao longo de todo o século XVIII, en tanto que a moeda real era xa a unificada para todo o Reino Unido.[8]

A partir dese momento non volveu existir unha libra escocesa diferente da libra esterlina. Así e todo, os tres bancos principais de Escocia (Royal Bank of Scotland, Bank of Scotland e Clydesdale Bank) imprimen aínda hoxe os seus propios billetes. A denominación do seu valor facial está, no entanto, expresada en libras esterlinas e os billetes teñen curso legal en todo o Reino Unido (aínda que se atopan con máis frecuencia en Escocia), e representan o mesmo valor en libras esterlinas que os billetes emitidos polo Banco de Inglaterra en Inglaterra e en Gales.[9]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads