Lightning Bolt
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Lightning Bolt é un dúo de noise rock estadounidense procedente de Providence, Rhode Island, composto por Brian Chippendale na batería e nas voces e Brian Gibson no baixo. O grupo formouse no ano 1994 cando os seus membros, por aqueles tempos un trío, asistían á Rhode Island School of Design. A banda asinou co selo Load Records en 1997, e editou o seu álbum de estrea ese mesmo ano.
En total, Lightning Bolt leva editados sete álbums de estudio, varios sinxelos en vinilo e ten aparecido nun feixe de recompilatorios. Lightning Bolt son coñecidos polos seus directos, onde adoitan a tocar no chan en vez de nun escenario, co público ao redor deles cun son excesivamente alto e agresivo. A banda foi incluída no oitavo lugar da lista de Metacritic dos mellores artistas da década de 2000-09.[1]
Remove ads
Discografía
Álbums
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads