Limoada
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A limoada[1] é unha bebida de elaboración polo xeral caseira, a base de limón, auga e azucre, que pode ter ou non contido alcohólico. Nalgunhas linguas, como o alemán, chámase tamén limoada a calquera bebida refrescante non alcohólica, como as gasosas.

Receita
Unha receita dos Estados Unidos e do Canadá[2] (dous dos maiores consumidores desta bebida) mencionan que se debe mesturar a mesma cantidade en volume de limón que de azucre e débese engadir auga catro veces o volume de limón ou de azucre verquido. O certo é que non hai medidas absolutas e as proporcións quedan en mans do gusto de cada quen.
Existen receitas que engaden a estes ingredientes básicos froitas como plátanos ou laranxas, froitas secas, como figos ou pasas e engaden especias como canela ou cravo deixando repousar a mestura varios días. Existen ingredientes alcohólicos como certos viños, pero neste caso a limoada perde o seu carácter e convértese máis en sangría. Se se mestura con ron conséguese o mojito cubano.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads