Diérese

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A diérese é un signo ortográfico diacrítico consistente en dous puntos que se colocan enriba de certas letras, habitualmente vogais.

Datos rápidos ¨, Signos ortográficos ...
Remove ads

Usos

Na lingua galega

  • Emprégase sobre a vogal u nas sílabas güe, güi para indicar que ten que pronunciarse.
  • Emprégase sobre a vogal i nas primeira e segunda persoa do plural dos copretéritos de indicativo dos verbos rematados en –aír, –aer, -oer e –oír para indicar que o i é unha sílaba distinta e así distinguir estas formas verbais das do presente de subxuntivo: saïamos/saiamos.
  • Aínda que neste caso non hai confusión, tamén se pon diérese nas mesmas persoas dos verbos rematados en –uír.
  • Algúns autores do século XIX empregaron o x con diérese () para indicar o fonema fricativo sonoro. Esta ortografía empregouna Rosalía de Castro na primeira edición de Follas Novas.[1]

Noutras linguas

A diérese existe en numerosas linguas e indica situacións diferentes, como metafonía, o feito desas vogais teren que ser pronunciadas ou sinalar un hiato.

Unhas poucas linguas empregan a diérese sobre consoantes:

  • En malgaxe escríbese sobre o n ( ) para representar o ŋ.[2]
  • O mam[3] e o alfabeto latino kurmanjî do kurdo[4] emprégano sobre o x ( ), no primeiro caso representa o fonema [ʃ] e no segundo o fonema [ɣ].

Outros usos

É habitual o seu uso por efecto estilístico no nome de grupos musicais, como Motörhead ou Mötley Crüe, chamado en inglés heavy metal umlaut[5].

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads