Linguas gur
familia de linguas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As linguas gur, tamén coñecidas como gur central ou mabia, son un grupo de linguas que pertencen ás linguas níxer-congo. Hai arredor de 70 linguas que pertencen a este grupo. Son faladas no Sahel e as rexións de sabana do oeste de África, especialmente nas áreas de Burkina Faso, no sur e centro de Malí, o nordeste de Costa do Marfil, as metades norte de Ghana e Togo, noroeste de Benín, e suroeste de Níxer. Ademais, unha única lingua gur, o baatonum, é falada no extremo noroeste de Nixeria.
Remove ads
Características tipolóxicas
Como a maioría das linguas níxer-congo, o devanceiro das linguas gur probablemente tiña un sistema de clase substantiva; moitas das linguas actuais reduciron isto a un sistema de xéneros ou declinacións nominais ou xa non teñen un sistema de clases.[1] Unha propiedade común das linguas gur é a marcación verbal do aspecto. Case todas as linguas gur son tonais, sendo koromfé unha notable excepción. Os sistemas tonais das linguas gur son bastante diverxentes. A maioría das linguas gur foron descritas seguindo o modelo dun sistema de dous tons, mais as linguas da rama oti-volta e algunhas outras teñen tres tons fonémicos.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads