Costa do Marfil
país da África occidental From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Costa do Marfil[1][2][3][4] (en francés: Côte d'Ivoire, [kot divwaʁ] (AFI), escoitar), oficialmente República de Costa do Marfil (en francés: République de Côte d'Ivoire), é un país africano. Limita ao norte con Malí e Burkina Faso, ao leste con Ghana, ao sur co océano Atlántico e ao oeste con Liberia e Guinea. A súa capital é Yamousoukro.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Remove ads
Historia
- Véxase tamén: Primeiro ministro da Costa do Marfil.
Pouco se coñece da historia da Costa do Marfil antes da chegada dos portugueses na década de 1460. Os principais pobos da rexión eran os kru, orixinarios de Liberia e os senoufo e os lobi, orixinarios de Burkina Faso e Malí. Nos séculos XVIII e XIX ocorreu unha migración de pobos de etnia Akan, que migraron de Ghana, e os Malinké, da actual Guinea.
Francia interesouse pola rexión na década de 1840, e estableceu contactos con xefes locais para ter o monopolio de comercio na área. Costa do Marfil foi colonia francesa ata o 1960 en que obtivo a independencia.
Entre 2002 e 2004 o país viviu unha Guerra civil: O norte rebelouse. 10 000 cascos azuis da ONUCN (Forza de Paz da ONU na Costa do Marfil), entre eles 4 600 soldados franceses, foron situados entre os belixerantes. A ONU interveu impoñendo sancións ao país por medio da Resolución 1761 do Consello de Seguridade.
O seu presidente-fundador foi Félix Houpbouët-Boigny ata 1993. Os seus sucesores foron, por orde :
- Henri Konan Bédié, que caeu do poder baixo un golpe de estado no Nadal do 1999.
- Robert Guéï, que foi asasinado logo dun golpe encabezado polo Movemento Patriótico da Costa do Marfil en 2002.
- Laurent Gbagbo
Remove ads
Organización político-administrativa
- Artigo principal: Subdivisións de Costa do Marfil.
Costa do Marfil está dividida en 19 rexións (régions) e 80 departamentos (départements). As 19 rexións son as seguintes:

Xeografía
- Artigo principal: Xeografía de Costa do Marfil.


Costa do Marfil ofrece unha gama variada de paisaxes, desde a sabana desértica ao norte ata a selva virxe. O límite sur márcano extensas praias. Esta zona, máis chuviosa, caracterízase polas grandes plantacións de produtos de exportación: café, cacao e banana. No norte a paisaxe vese conformada por unha meseta granítica recuberta de sabanas. Nesta área pequenos propietarios cultivan sorgo, millo e maní.
Economía
- Artigo principal: Economía de Costa do Marfil.
Mantendo lazos próximos con Francia desde a independencia en 1960, a diversificación da agricultura para a exportación, e o estímulo dos investimentos estranxeiros, fixo de Costa do Marfil un dos países tropicais africanos máis prósperos. No entanto, en anos recentes Costa do Marfil viuse suxeita a máis competencia e o descenso dos prezos no mercado global dos seus cultivos agrícolas principais: café e cacao. Isto, xunto cunha alta corrupción interna, fai a vida difícil para os agricultores e os que exportan a mercados estranxeiros.
Remove ads
Demografía
No ano 2007, Costa do Marfil tiña unha poboación de 18 000 000 de habitantes. A esperanza de vida era de 49 anos. A media de fillos por muller era de 4.43. O 50.9% da poboación estaba alfabetizada. Calcúlase que o 7.0% da poboación estaba infectada co virus VIH (SIDA). Desde que se estabeleceu como unha das nacións mais prósperas economicamente de África occidental, cerca do 20% da súa poboación consiste en traballadores das veciñas Liberia, Burkina Faso e Guinea. Este feito ten orixinado permanentemente unha tensión crecente en anos recentes, principalmente debido ao feito de que gran parte destes traballadores son musulmáns, mentres que a poboación natural da Costa do Marfil é, esencialmente cristián (principalmente católica romana) e animista. A principal etnia é o pobo Baulé, con presenza na maior parte das zonas centrais.
O 4% da poboación é de orixe non africana. Hai moitos cidadáns franceses, británicos, e españois. Hai aínda unha minoría de misioneiros protestantes norteamericanos e canadenses.
Ultimamente, cerca de 50.000 franceses e outros europeos saíron da Costa do Marfil debido a fortes tensións políticas.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads