Orion (nave espacial)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Orion é unha nave espacial tripulada desenvolvida pola NASA. Foi concibida como parte do proxecto Constellation da NASA para levar astronautas á Estación Espacial Internacional primeiro e logo para facer misións tripuladas á Lúa e potencialmente Marte. Inicialmente denominada Orion CEV (Crewed Exploration Vehicle), pasou a denominarse Orion MPCV (Orion Multi-Purpose Crew Vehicle) despois da cancelación do proxecto Constellation e de que a Axencia Espacial Europea entrara a formar parte na súa construción.[1][2][3][4]

Remove ads
Características
En 2006 a NASA seleccionou a Lockheed Martin como construtora da súa nova cápsula tripulada. A cápsula, cun deseño baseado nas cápsulas do proxecto Apollo, debe ser capaz de levar ata seis astronautas á ISS e servir de bote salvavidas acaroado á estación. O seu deseño permite tamén levar catro astronautas ata a Lúa. A cápsula ten un volume habitable duns 10 m3 e consumiría ata 9 kW de potencia eléctrica subministrada por paneis solares.[1][2][3][4]
O concepto inicial da Orion era a dunha cápsula que sería lanzada polo xa cancelado foguete Ares 1 (derivado da tecnoloxía do transbordador espacial) e que aterraría en terra en lugar de no océano, usando airbags ou retrofoguetes. Contemplábanse tres versións: a Orion bloque 1 usaríase para levar e traer astronautas e carga á ISS, a Orion bloque 1B só se usaría para levar e traer carga á ISS e non estaría tripulada, e a Orion bloque 2, deseñada para misións lunares acoplada a un módulo capaz de aterrar na Lúa. O foguete Ares 1 foi cancelado en 2010, xunto co resto do proxecto Constellation excepto Orion, que foi renomeada como Orion MPCV.[1][2][3][4]
Orion MPCV conta con colaboración da ESA, que aporta o módulo de servizo (baseado no da nave automática europea ATV) á cápsula tripulada. A nova cápsula xa non estará destinada a voos á ISS, que son levados a cabo mediante naves privadas, se non que se usará para misións lunares e interplanetarias e será lanzada mediante o novo foguete SLS.[1][2][3][4]
Remove ads
Orion EFT-1
A misión Orion EFT-1 (Exploration Flight Test 1) consistiu no lanzamento dun prototipo de cápsula Orion sen tripular para probar as súas características en voo e na reentrada atmosférica. A cápsula de proba foi lanzada o 5 de decembro de 2014 mediante un foguete Delta 4H desde Cabo Cañaveral a unha órbita elíptica cun apoxeo de 8000 km. A cápsula, xunto coa etapa superior do foguete, deu dúas voltas á Terra antes de separarse a cápsula e reentrar na costa preto de Baixa California. O voo durou un total de 4 horas e 24 minutos e foi considerado un éxito.[1][2][3][4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads