Comezou no teatro universitario, primeiro como actriz e máis tarde como directora. Dende 1999 traballa como actriz en varias compañías galegas. A partir do ano ano 2000 comezou a traballar como directoras de compañías teatrais como Captatio Benevolentiae, Enlata Teatro, ou Farrapo Teatro. En 2013 foi cofundadora de Matrioshka Teatro, coa que gañou varios premios María Casares.
As puntas da louza. Cancioneiro popular de labor (2021). Allariz: Aira Editorial, colección ‘Fina Rei’ de poesía feminina. 66 páxs. ISBN 9788412263169. Este libro é unha homenaxe ás mans que traballan e ás que traballan coas mans.