Lorenzo Langstroth
apicultor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Lorenzo Lorraine Langstroth, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 25 de decembro de 1810 e finado o 6 de outubro de 1895, foi un apicultor estadounidense.

Remove ads
Traxectoria
Graduado en Yale en 1880, traballou alí ata 1834-1835. Foi o pastor de varias igrexas de Congregacións en Massachusetts, en 1848 converteuse en principal dunha escola das señoras novas en Filadelfia.
Desde 1858 viviu en Oxford, Ohio, na súa residencia, e dedicou o seu tempo á apicultura. Inventou a colmea de cadro móbil, e patentouna en 1852, esta tivo unha difusión practicamente mundial. A mesma leva o seu nome Colmea Langstroth.
Tamén descubriu o espazo abella, que é o lugar polo cal as abellas transitan entre os cadros e na colmea. Non respectar este espazo fai que a abella o encha con própole. Nunca debe ser menor a 5 milímetros, porque o encherá con própole, nin maior a 9 milímetros porque construirá panal de cera. Foi un dos primeiros apicultores en recibir e vender nos Estados Unidos a abella italiana (Apis mellifera ligustica), describindo as bondades produtivas desta raza.
Remove ads
Obra
Os seus libros son pioneiros no mundo, foron traducidos a moitos idiomas. Existe unha grande evolución entre a primeira e segunda obra do autor. A primeira obra conta con 40 edicións ata o de agora.
- Langstroth on the hive and the honey-bee; a bee keeper's manual. Hopkins, Bridgman, Northampton (1853).
- A practical treatise on the hive and honey-bee (1863).
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
