Lost (tempada 1)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A primeira tempada da serie de televisión Lost comezou a transmitirse o 22 de setembro de 2004 nos Estados Unidos e Canadá, acabando finalmente o 25 de maio do ano seguinte, cun total de 25 episodios. Nesta primeira tempada preséntase aos 48 sobreviventes do accidente de avión do voo 815 de Oceanic Airlines, e que os leva a unha misteriosa illa do Pacífico Sur. A través dos flashback explícase como chegou cada un deles a esa situación e móstrase por que reaccionan de determinado xeito ante as situacións que ás teñen que se enfrontaren. Ademais, prodúcense as primeiras interaccións entre eles introdúcense por primeira vez algúns dos enigmas da illa[1].

Datos rápidos Orixe, Nº de episodios ...

A primeira tempada emitíase tódolos mércores ás nove da noite nos Estados Unidos. Ademais dos 25 episodios regulares, un especial, Lost: The Journey, foi retransmitido o 27 de abril de 2005. A tempada lanzouse en DVD nunha caixa composta por sete DVD baixo o título de Lost: The Complete First Season o 6 de setembro de 2005[2].

Remove ads

Resumo da temporada

Thumb
Campamento de Lost.

O 22 de setembro de 2004 un avión estrélase nunha remota illa do Pacífico. 48 persoas sobreviven ao accidente e, tras superar o estado de shock inicial, constrúen un campamento á vez que pescudan o lugar onde se atopan. Porén, axiña descobren que a posibilidade de que os equipos de rescate non os atopen podería non ser o seu maior problema. Na súa primeira noite na illa ouven uns arrepiantes ruídos que proveñen da xungla e ven como algunhas das árbores caen ao chan.

O doutor Jack Shephard eríxese como o líder da pequena comunidade de sobreviventes. A súa condición de médico permítelle ser útil aos demais e empezar a gañarse a súa confianza e é el mesmo quen, en compañía de Kate Austen e Charlie Pace, penetra na selva na procura da cabina do piloto, xa que o avión, ao partirse no aire, deixara restos esparexidos pola illa. O copiloto dilles que antes do accidente o avión perdera contacto por radio e cambiara de rumbo (cara ás illas Fiji), polo que estaba a miles de quilómetros do seu curso normal no momento de estrelarse. Pouco despois disto, a estraña criatura que escoitaran previamente, e á que ninguén consegue ver, mata o copiloto.

Mentres tanto, no campamento, os sobreviventes van coñecéndose entre si. O encargado de obter comida é John Locke, un enigmático personaxe con grandes habilidades para a supervivencia na natureza e polo que os demais senten respecto e desconfianza. Locke estaba parapléxico antes do accidente, e milagrosamente puido volver camiñar sen ningún problema ao espertar na illa, cousa que ninguén sabe agás o neno Walt Lloyd, ao que lle conta o milagre ao coñecérense. Outro dos sobreviventes é un oficial de comunicacións da antiga Al-Haris Al-Jamhuri (Garda Republicana Iraquí), Sayid Jarrah, que atopa e repara un transceptor. Co aparato xa amañado, diríxese cara a un punto máis alto da illa co obxectivo de recibir con máis claridade un sinal que reciben e a intención de enviar outro de socorro para que os rescaten. Polo camiño, o grupo é atacado por un oso polar. Cando á fin conseguen acender o transceptor, escoitan unha voz en francés que di: "Agora estou soa. Que veña alguén, por favor. Os outros están mortos. Matounos. Matounos a todos". A mensaxe repítese cun contador, o que implica, segundo o cálculo de Sayid, que esta se leva repetindo durante 16 anos.

Segundo avanzan os capítulos, no medio de diversos descubrimentos acerca da natureza misteriosa da illa, tamén se desvela o motivo polo que cada un dos personaxes estaba en Sidney antes do accidente a través de flashbacks. As relacións entre todos son inicialmente amigables, mais irán xurdindo problemas, por exemplo entre Locke e Michael Dawson, que non quere que o seu fillo Walt pase tempo co cazador, ou entre Sayid e James "Sawyer" Ford. Así mesmo, medra entre Jack e Sawyer unha rivalidade por mor de Kate, unha moza pola que ambos senten aparentemente atraídos.

Sayid atopa na praia un cable que se introduce no océano. Ségueo cara ao interior da illa, mais acaba atrapado por unha misteriosa muller que o arrastra até un búnker onde o torturará, preguntándolle por unha tal Alex. Máis tarde ela identifícase como Danielle Rousseau, a persoa que mandou a mensaxe en francés. Danielle cóntalle que leva anos atrapada na illa, e fálalle acerca doutros habitantes. Sayid consegue escapar, aínda que ao longo da tempada os sobreviventes terán máis encontros coa misteriosa francesa, que máis tarde lles revela que estaba embarazada cando chegou á illa, mais despois de dar a luz o seu bebé foi raptado polos "Outros". A chegada de devanditos habitantes ao seu campamento veu precedida dunha columna de fume negro no ceo.

Hugo "Hurley" Reyes decide crear un censo de sobreviventes, e descobre que unha das persoas que estivo con eles todo este tempo non aparece na lista de pasaxeiros do avión. O seu nome é Ethan Rom (anagrama curiosamente de "other man", "outro home", en inglés). Ethan rapta a Claire Littleton, unha moza embarazada que consegue regresar ao pouco tempo, aínda que sen lembrar nada do ocorrido.

Mentres tanto, Locke fai un descubrimento: un zapón no chan que lle obsesionará a partir de entón, xa que aparentemente non posúe ningún mecanismo de apertura. El e Boone Carlyle pasan días e días cavando para deixala ao descuberto, e pensando no xeito de abrila. Explorando a illa, tamén atopan unha avioneta que Locke vira nun soño. A avioneta estaba no bordo dun cantil, e Boone decide rubir para inspeccionala. No seu interior acha unha radio, e consegue enviar unha chamada de socorro. Unha voz pregunta: "Hai alguén aí?", ao que Boone contesta: "Somos os sobreviventes do voo 815 de Oceanic". A voz responde: "Nós somos os sobreviventes do 815". Entón a avioneta cae, desequilibrada polo peso do mozo, e este resulta gravemente ferido. John Locke lévao de volta ao campamento, mais por culpa da descrición falsa que lle dá a Jack do accidente (para evitar falarlle da avioneta), Boone acaba morrendo, o que provoca a ira do médico.

Mentres tanto, Michael decide construír unha balsa para tratar de escapar co seu fillo Walt, plan ao que posteriormente se unen Sawyer e Jin-Soo Kwon. A construción resulta accidentada, porque alguén queima a balsa sen ser visto (finalmente sábese que foi Walt, o fillo de Michael), mais reconstrúena e finalmente póñena a punto para partir. A balsa abandona á fin a illa, pero esta é interceptada por un barco presumiblemente pertencente aos Outros. No medio do caos, a balsa é destruída, Sawyer recibe un disparo, e Walt é secuestrado.

Finalmente, e por medio de dinamita, varios personaxes conseguen abrir o zapón que Locke atopara.

Remove ads

Elenco

Remove ads

Recepción

O episodio piloto da serie obtivo 18,6 millóns de telespectadores na súa primeira emisión nos Estados Unidos, gañando facilmente a loita con outros programas emitidos á mesma hora, dando á ABC a súa mellor cota de pantalla dende o ano 2000 con Who Wants to Be a Millionaire? (Quen quere ser millonario?). Finalmente a tempada rematou cunha media de 18,38 millóns de espectadores.

Esta primeira tempada foi candidata a doce premios Primetime Emmy, dos que gañaron seis: "Mellor elenco nunha serie dramática", "Mellor dirección (serie dramática)", "Mellor serie dramática" (J.J. Abrams), "Mellor composición musical nunha serie (dramática)" (Michael Giacchino), "Mellor montaxe nunha serie dramática monocámara" e "Mellores efectos visuais especiais nunha serie". Terry O'Quinn e Naveen Andrews foron nomeados na categoría de "Mellor actor secundario (serie dramática)".

Lista de episodios

Artigo principal: Lista de episodios de Lost.
Máis información #, Título ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads