Lotario I
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Lotario I, nado en 795 en Prüm, (na actual Renania-Palatinado), e finado o 2 de marzo de 855, foi emperador do Imperio carolinxio (ou de Occidente).
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Remove ads
Traxectoria
Lotario era o fillo máis vello do emperador Lois o Piadoso. Á morte deste, foille concedida a autoridade imperial por dereito de primoxenitura pero, seguindo a tradición franca do seu pai, viu necesario dotar dunha parte do Reino a cada un dos seus fillos.
O imperio repartiuse entón entre Lotario, Lois o Xermánico e Carlos o Calvo, sendo estes dous últimos mordomos ao cargo de provincias do imperio (Carlos o Calvo tomaría o control de Borgoña e Normandía, mentres que a Lois o Xermánico se fixo responsábel do control de Baviera e Saxonia).
Aos irmáns, ditas posesións non lles pareceron suficiente polo que decidiron aliarse contra o irmán máis vello polos Xuramentos de Estrasburgo na súa determinación de non verse sometidos á vontade imperial de Lotario.
A fin de dita potestade chegaríalle a Lotario no tratado de Verdún, no que o Imperio quedaría divido en tres partes, aparecendo xa os futuros territorios das actuais Francia e Alemaña.
Remove ads
Matrimonio e descendencia
En outubro de 821, en Thionville, Lotario casou con Ermengarda, filla do conde de Tours, Hugo de Alsacia, coa que tivo os seguintes fillos:
- Lois II o Mozo (ca. 825 - 875). Emperador de Occidente (855-875). Casou con Engelberga.
- Ermengarda (ca. 825/830 - † ca. 865/866). Casou con Gisleberto de Maasgau (820-875).
- Lotario II de Lotarinxia (ca. 835 - 869). Casou en primeiras nupcias con Teutberga, e despois, en segundas nupcias con Waldrade.
- Hiltruda ou Helletrude (ca. 826 - ca. 865/866). Casou cun conde chamado Berengario[1].
- Rotruda.
- Carlos da Provenza (ca. 845 - 863). Rei da Provenza (855-863).
- Xisela (ca. 830 - 860). Foi abadesa de San Salvador de Brescia.
- Berta (ca. 830 - 7 de maio de 852, ou despois de 877). Foi abadesa de Avenay en Champaña.
Dunha amante chamada Doda tivo a:
- Carlomán (ca. 853 - ?).
Remove ads
Antepasados

Carlos Martel | ||||||||||||||||
Pipino o Breve | ||||||||||||||||
Rotruda de Trier | ||||||||||||||||
Carlomagno | ||||||||||||||||
Bertrada de Laon | ||||||||||||||||
Lois o Piadoso | ||||||||||||||||
Hildegarda | ||||||||||||||||
Lotario I | ||||||||||||||||
Ingerman de Hesbaye | ||||||||||||||||
Ermengarda de Hesbaye | ||||||||||||||||
Hedwig de Baviera | ||||||||||||||||
Predecesor: Carlos o Mozo |
Duque de Maine (Dux Cenomannicus) 817 - 831 |
Sucesor: Pipino I |
Predecesor: Bernardo I de Italia |
Rei de Italia 818 - 839 |
Sucesor: Lois II o Mozo |
Predecesor: Lois I o Piadoso |
Rei da Francia Media 840 - 855 |
Sucesor: Lois II o Mozo, Lotario II e Carlos da Provenza |
Predecesor: Lois I o Piadoso |
Emperador de Occidente 840 - 855 |
Sucesor: Lois II o Mozo |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads