Luanda

From Wikipedia, the free encyclopedia

Luanda
Remove ads

Luanda (antigamente São Paulo de Loanda) é a capital e a cidade máis grande de Angola. Situada sobre a costa atlántica, Luanda é o principal porto do país. En 2014 tiña unha poboación de 8.2 millóns de habitantes, convertíndoa na terceira cidade máis grande de fala portuguesa no mundo, só por detrás de São Paulo e Río de Xaneiro, tamén é a 19º cidade máis poboada de África. Luanda é tamén a capital da provincia do mesmo nome.

Datos rápidos Localización, Capital de ...

Foi fundada en 1576 polo fidalgo e explorador portugués Paulo Dias de Novais.

Remove ads

Topónimo

O nome Luanda deriva das linguas bantús, concretamente de lu-ndandu, no cal o prefixo lu é unha das formas primitivas do plural e é común nas zonas costeiras, deltas, ríos e rexións con forma alongada, neste caso refírese a un banco de area rodeado polo mar. Ndandu significa valor ou obxecto de comercio.

Os pobos mbundu pronunciaban os topónimos segundo a súa forma de falar nas diferentes rexións, elimindo algunha letra cando isto non afectaba ao significado do vocablo, polo que Lu-ndandu pasou a chamarse Lu-andu. Posteriormente, xa como parte de Portugal, o termo pasóu a ser feminino ao referirse a unha illa, chamandose dende entón Luanda.[1]

Remove ads

Demografía

Os habitantes de Luanda son principalmente de orixe étnica africana, coma as tribos ovimbundu, ambundu ou congo. A lingua oficial, que é igualmente a máis falada, é o portugués, aínda que varias linguas relacionadas co bantú sexan tamén usadas. Existe unha pequena minoría de habitantes de orixe europea.

É a cidade máis poboada de Angola (véxase Lista de municipios de Angola por poboación)

Historia

A cidade foi fundada en 1575 polos portugueses baixo o nome de São Paulo de Luanda, cun centear de familias de colonos e catrocentos soldados. Foi o centro administrativo da colonia de Angola despois do 1627, salvo do 1640 ao 1648, cando foi ocupada polos Países Baixos, que a bautizaron como Fort Aardenburgh. Despois dos anos 1550 ata cara a 1850, Luanda foi un centro importante do trafego de escravos cara ao Brasil.

Independencia de Angola

Despois da independencia no 1975, e trala retirada das tropas coloniais, a maior parte da poboación portuguesa da cidade partiu ante o aumento da inseguridade no país, debidos principalmente aos enfrontamentos entre o MPLA, de ideoloxía comunista e apoiado por Cuba, o FNLA, apoiado por Zaire, Estados Unidos e China, e o UNITA, apoiado por Suráfrica.

Esta emigración forzosa fixo decaer as infraestruturas pola falta de man de obra cualificada e de persoas con estudos superiores.

Nos últimos anos, varias compañías chinesas, brasileiras e portuguesas implicaronse no desenvolvemento da Nova Luanda, construíndo edificios de apartamentos e zonas privadas para persoas de clase media-alta.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads