Zaire

antigo nome da República Democrática do Congo From Wikipedia, the free encyclopedia

Zaire
Remove ads

O Zaire era coñecido como o país africano que agora se coñece como República Democrática do Congo entre o 27 de outubro de 1971 e o 17 de maio de 1997. Recibiu o nome oficial da República do Zaire durante o goberno de Mobutu Sese Seko, quen gobernou o país até o final da primeira guerra do Congo en 1997, cando foi derrocado.

Datos rápidos Himno, Localización ...
Remove ads

Historia

A inestabilidade e os levantamentos que asolaron no Congo até 1965 culminaron coa toma do poder polo tenente xeneral Mobutu Sese Seko, naquel momento comandante e xefe do exército congolés. Mobutu declarouse presidente durante cinco anos e en 1970 consolidou o seu poder ao ser elixido presidente sen oposición. En 1971 adoptouse o novo nome do Estado, coa proclamación oficial da República do Zaire. Durante todo o período deste novo estado nacional, o único presidente e ditador, Mobutu Seko, acumulou poder político e financeiro, así como algún apoio internacional.

O nome Zaire e os símbolos nacionais mantivéronse até 1997, cando ao final da primeira guerra do Congo, o goberno de Mobutu foi derrocado e este fuxiu do país, buscando o exilio en Marrocos. Tras este movemento, a guerrilla e opositor, Laurent-Désiré Kabila, asumiu a presidencia e recuperou o nome anterior do país, República Democrática do Congo, que se mantivo dende entón.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads