Luke Babbitt
baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Luke Robert Babbitt, nado o 20 de xuño de 1989 en Cincinnati, Ohio, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Xogou na Universidade de Nevada-Reno dúas tempadas antes de declararse elixible para o Draft da NBA de 2010 despois do seu ano coma sophomore.[1]
Remove ads
NBA
No Draft da NBA de 2010 foi seleccionado na 16ª posición polos Minnesota Timberwolves. Os seus dereitos foron traspasados xunto co ala de Minnesota Ryan Gomes aos Portland Trail Blazers a cambio de Martell Webster.[2] Babbitt asinou o seu contrato coma rookie cos Blazers o 6 de xuño de 2010.[3] O 8 de decembro de 2010, os Trail Blazers asignaron a Babbitt aos Idaho Stampede da NBA D-League.[4] Foi chamado de volta dez días despois.[5] O 3 de marzo de 2011, foi asignado outra vez aos Idaho Stampede.[6]
O 4 de febreiro de 2014, asinou cos New Orleans Pelicans.[7] O 20 de xullo de 2015, asinou de novo cos Pelicans.[8]
O 10 de xullo de 2016, Babbitt foi traspasado ós Miami Heat a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2018.[9]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads