Lunar Prospector

Sonda luar dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia

Lunar Prospector
Remove ads

Lunar Prospector foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 7 de xaneiro de 1998 mediante un foguete Athena 2 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral cara a Lúa.[1][2][3]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

Lunar Prospector foi unha misión pertencente ó programa Discovery. O seu obxectivo era realizar observacións científicas da Lúa desde unha órbita polar, entre elas cartografar a composición da superficie, buscar posibles depósitos de xeo nos polos, medir os campos campo magnético e gravitatorio e buscar sucesos de expulsión de gases do subsolo lunar.[1][2][3]

O corpo principal da nave era un cilindro de grafito-epoxy de 1,37 m de diámetro e 1,28 m de alto, con tres mastros que sobresaían radialmente 2,5 m do corpo principal e unha extensión de 1,1 dun dos mastros para albergar o magnetómetro. A masa da sonda ao inicio da misión, propelente incluído, era de 296 kg. Sen propelente a sonda pesaba 158 kg. A sonda estabilizábase mediante xiro, a 12 r.p.m. e co eixo de rotación apuntando perpendicularmente á eclíptica. A propulsión estaba a cargo de seis propulsores monopropelente (usando hidracina) de 22 Newton de impulso. A alimentación eléctrica era proporcionada polas células solares que recubrían o corpo cilíndrico da sonda e que proporcionaban unha media de 186 vatios de potencia que eran almacenados nunha batería recargable de 4,8 amperios-hora de capacidade. As comunicacións tiñan lugar mediante dous transpondedores de banda S, cunha antena de aliñación de fase para a baixada de datos a media ganancia e unha antena de baixa ganancia tanto para subida como baixada de datos. A sonda non tiña ordenador de a bordo e todo o control facíase desde terra, cos comandos procesándose a bordo da nave mediante unha unidade simple de comando e control. Os datos científicos podían enviarse tanto directamente a terra como gardarse a bordo nunha gravadora de estado sólido ata a súa retransmisión.[1][2][3]

Tras o lanzamento o 7 de xaneiro de 1998, Lunar Prospector seguiu unha órbita que a levou á Lúa en 105 horas. Durante a etapa de cruceiro despregáronse os mastros e calibráronse o magnetómetro e o espectrómetro de partículas alfa. A órbita inicial arredor da Lúa tiña un período de 11,6 horas. Tras varias manobras a órbita rebaixouse a unha de 3,5 horas de duración, para finalmente, o 16 de xaneiro, chegar á orbita de traballo, de 100 km de altura, 118 minutos de duración e unha inclinación de 90 graos. O 19 de decembro de 1998, tras varios meses de recoller datos, a órbita foi baixada a unha de só 40 km de altura para obter datos de maior resolución. O 28 de xaneiro de 1999 a órbita foi baixada aínda máis, ata deixala nunha elipse de 15 km de periapse e 45 km de apoapse. A misión finalizou o 31 de xullo de 1999, cando a sonda foi estrelada a propósito contra un cráter do polo sur en sombra permanente co obxectivo de observar a posible nube de restos resultante e estudala para intentar verificar a presenza de auga. Finalmente o impacto non produciu tal nube.[1][2][3]

Remove ads

Instrumentos

Lunar Prospector levaba a bordo os seguintes instrumentos científicos:[1][2][3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads