Lunar Reconnaissance Orbiter
Sonda luar estadounidense. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
LRO (acrónimo de Lunar Reconnaissance Orbiter) é un satélite artificial estadounidense lanzado o 18 de xuño de 2009 mediante un Atlas V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral cara a Lúa.[2][5][6]
Remove ads
Características
LRO é unha sonda espacial enviada á Lúa para facer diversos estudos científicos. A súa misión principal é cartografar a superficie lunar e buscar sitios para posibles futuras aluaxes, así como buscar posibles recursos utilizables por hipotéticas misións tripuladas e estudar o contorno de radiación da Lúa.[2][5][6]
LRO foi lanzado xunto coa sonda LCROSS o 18 de xuño de 2009. Chegou á Lúa o 23 de xuño seguindo unha traxectoria directa, entrando nunha órbita inicial cun período de 5 horas e un periapse duns 100 km. A órbita de traballo final é circular e cunha altura de 50 km.[2][5][6]
LRO estabilízase nos tres eixos. A alimentación eléctrica é proporcionada por un panel solar de 10,7 m² que produce ata 1850 vatios de potencia que se almacenan nunha batería de ións de litio cunha capacidade de 80 amperios-hora. As comunicacións teñen lugar en banda S para a subida de comandos e para a desgarga de datos a baixa velocidade, e en banda Ka para descarga de alta velocidade (ata 300 Mbps). LRO leva ata 92 kg de instrumentación científica.[2][5][6]
Remove ads
Instrumentos
LRO leva a bordo os seguintes instrumentos científicos:[2][5][6]
- Lunar Reconnaissance Orbiter Camera (LROC): composto por dúas cámaras monocromáticas de alta resolución (ata 1 metro) e unha cámara gran angular (100 metros de resolución) en cor e ultravioleta.
- Lunar Orbiter Laser Altimeter (LOLA): altímetro láser para medir terreos inclinados e buscar xeos polares.
- Lunar Exploration Neutron Detector (LEND): detector de neutróns para a buca de xeo de auga e caracterizar o contorno de radiación da Lúa.
- Diviner Lunar Radiometer Experiment (DLRE): radiómetro para medir a temperatura da superficie lunar e identificar trampas frías e posibles depósitos de xeo.
- Lyman-Alpha Mapping Project (LAMP): un cartografiador na lonxitude de onda Lyman alfa para estudar a superficie lunar no ultravioleta distante.
- Cosmic Ray Telescope for the Effects of Radiation (CRaTER): estuda a radiación cósmica de fondo usando plásticos nos que a radiación actúa de forma parecida a como o fai con tecido orgánico.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads